Os pulpeiros e pulpeiras do Carballiño engrandeceron a súa historia na Praza Maior e con centos de persoas foron testemuñas. Neste escenario, e coa música de Terras do Arenteiro, elaborouse unha tapa de pulpo de 590 quilos e as talladas foron cortadas nun prato de 5,37 metros de diámetro, batendo un novo récord mundial. Para a súa preparación tamén foron necesarios 50 litros de aceite, 7 quilos de sal e 3 de pimentón.
A Festa do Pulpo chega a súa edición número 62, que se dedica á Denominación de Orixe Ribeiro, a máis antiga das galegas. É o terceiro ano que goza coa distinción de festa de interese turístico internacional. Coincidindo con esta celebración, os pulpeiros e pulpeiras elaboran dende o 2010 a tapa máis grande do mundo, batendo sucesivamente o seu propio récord, coa excepción do ano da pandemia. Aquela primeira tapa foi de 126 quilos, cortada nun prato de 2,20 metros de diámetro. Se naquela ocasión foron 6 pulpeiros e pulpeiras os protagonistas, nesta ocasión superaron a trintena.
Tamén coa Praza Maior como escenario estaba previsto, a partir das 21.00 horas, o concerto de Soul&Rock. O programa de actividades da Festa do Pulpo esténdese durante 15 días, ata este domingo 11 de agosto, cando no parque municipal haberá pulpeiras e tabernas para atender aos miles de visitantes.
Este é o programa detallado para os próximos días:
ORQUESTRA AMÉRICA
Mércores, 7 ás 23 h na Praza Maior
ORQUESTRA COMBO DOMINICANO
Xoves, 8 ás 23 h na Praza da Vera Cruz
PARTIDO DE FÚTBOL C.D ARENTEIRO – PONTEVEDRA C.F
Venres, 9 ás 19.30 h no Campo do Espiñedo
DISCO MÓBIL GRAMOLA
Venres, 9 ás 23 h na Praza Maior
FESTA DAS CAMISETAS – ANIMACIÓN MUSICAL DE DJs
Sábado, 10 ás 17 h na Praza Maior
FESTA DO PULPO
Domingo, 11 – a partir das 11 no Parque Municipal e rúas da vila
Animación musical de CHARANGAS / GRUPOS DE MÚSICA TRADICIONAL
– de 12 h a 18 h no Parque Municipal
FESTIVAL DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL: CORIBANTES /CANTA NAS CROAS / CANTAREIRAS MADIALEVA / AUSKELGA
– ás 20.30 h na Praza Maior
CONCERTO AMIGOS DO ACORDEÓN TERRAS DE CELANOVA
– ás 23 h na Praza Maior
CONCERTO de OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO