Mércores 14 de agosto, ás 12h., diante da sede da Xunta de Galicia en Ourense (R/Florentino Cuevillas, Nº4)
Demandamos a cobertura do 100% dos gastos veterinarios e do lucro cesante, tanto por animais mortos como polos enfermos
Ourense, 10 de Agosto 2024.Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) estimamos que nas granxas galegas o conxuntodas perdas debidas á Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) poden chegar a superara día de hoxe os 20 millóns de euros. Aparte da perda económica derivada da morte dos animais, a adquisición dos tratamentos preventivos, antiinflamatorios ou antibióticos que se ven obrigadas a empregar as granxas conleva un importante gasto que pode chegar aos 400€ por animal afectado. Este incremento dos custos de produción veñen ademais empeorar a vulnerabilidade económica das gandarías, afectadas nestes momentos pola baixada de prezos tanto no sector cárnico como no leiteiro.
O vindeiro mércores 14 de agosto, ás 12h., convocamos unha concentración diante da sede da Consellaría do Medio Rural en Ourense (R/Florentino Cuevillas, Nº4)para demandar á Xunta de Galicia que,ademais de cubrir a morte dos animais, lexisle con carácter inmediato para cubrir o 100% dos citados gastos veterinarios derivados desta enfermidade, así como o lucro cesante provocado tanto pola perda produtiva dos animais que falecen como polos que finalmente sobreviven.
DATA | HORARIO | LUGAR |
Mércores14 | 12h. | Consellaría do Medio Rural(R/Florentino Cuevillas, 4)OURENSE |