Un operativo de máis dun cento de efectivos velará pola seguridade dos milleiros de persoas que agarda a Festa do Pulpo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
  • O dispositivo de emerxencias estenderase por terra e aire cun helicóptero, cabalos, cámaras de vixiancia e unha oficina móbil no parque para denuncias

Carballiño, 10 de agosto de 2024

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Festa do Pulpo do Carballiño contará cun amplo dispositivo de emerxencias para atender aos milleiros de veciños, veciñas e visitantes que se acheguen ao Carballiño nesta fin de semana, todo coa finalidade de garantir a seguridade cidadá e a atención rápida ante calquera incidencia.

Que ningún incidente empane o desenvolvemento da programación é o obxectivo do Concello do Carballiño, para o que se estableceu un operativo de máis dun cento de efectivos entre Cruz Vermella, Policía Local, Policía Autonómica, Protección Civil, Garda Civil (Seguridade Cidadá e Tráfico) e Bombeiros.

Os servizos de emerxencia velarán pola seguridade de veciños, veciñas e visitantes cun dispositivo que se estenderá por terra e aire cun helicóptero, cabalería e vehículos de todo tipo: todos os dispoñibles por parte da Policía Local e Protección Civil, 13 da Garda Civil, entre motos e coches, 4 axentes a cabalo e ambulancias.

Os axentes da Garda Civil tamén percorrerán o concello a cabalo e en 13 vehículos. Nesta edición número 62 da Festa do Pulpo, a Policía Local incrementará a vixilancia con 5 patrullas para esta mesma noite; 2 na noite do domingo e 4 durante todo o día grande da Festa do Pulpo.

Ademais, a Axencia Galega de Seguridade instalará un camión e seis cámaras no parque municipal e na vila e a Garda Civil contará cun furgón no parque como posto de denuncias ante calquera incidente, todo elo incluído no plan de seguridade elaborado con motivo da romería máis populosa de Galicia.

Lembramos toda a programación prevista:

FESTA DAS CAMISETAS – ANIMACIÓN MUSICAL DE DJs

Hoxe, sábado, día 10, ás 19 h na Praza Maior. Retrásase o inicio por mor das altas temperaturas previstas. Tamén se suspende o desfile.

FESTA DO PULPO

Mañá, domingo, día 11 – a partir das 11 no Parque Municipal e rúas da vila

                               Animación musical de CHARANGAS / GRUPOS DE MÚSICA TRADICIONAL

                               – de 12 h a 18 h no Parque Municipal

                               FESTIVAL DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL: CORIBANTES /CANTA NAS CROAS / CANTAREIRAS MADIALEVA / AUSKELGA

                               – ás 20.30 h na Praza Maior

                               CONCERTO AMIGOS DO ACORDEÓN TERRAS DE CELANOVA

                               – ás 23 h na Praza Maior

                               CONCERTO de OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO