A 62ª Festa do Pulpo culmina cunha xornada multitudinaria e altas temperaturas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Carballiño rematou onte unha semana de actividades pola celebración do gran día da súa gran festa gastronómica. A 62 edición da Festa do Pulpo recibiu outro ano máis a un gran numero de participantes que, pese as altas temperaturas, poderon degustar de toneladas do prezado cefalópodo cociñado ó estilo a feira, regado co viño do Ribeiro, a cuxa D.O dedicouse este ano a festa.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A calor non foi un obstáculo para que O Carballiño volvera batir récords un ano máis pola celebración da súa Festa do Pulpo, a cita gastronómica máis multitudinaria de Galicia. Milleiros de persoas chegadas de todos os puntos de Galicia, España e do mundo déronse cita no Carballiño para desfrutar da gastronomía e da tradición galegas nunha festa declarada de Interese Turístico Internacional, categoría que destaca a gran capacidade de atracción desta cita gastronómica.

As actividades repartíronse entre o parque municipal e as rúas da vila, coa animación musical a cargo de charangas e grupos de musica tradicional. Nesta xornada houbo pulpeiras e tabernas distribuidas entre o parque municipal. Aquí, onde dun millar de persoas puideron degustar o tradicional pulpo no xantar popular, que esgotou as súas prazas dispoñibles no recinto oficial, que organiza cada ano o Concello do Carballiño. No centro urbano, os restaurantes tamén cociñaron pulpo á feira para acoller a gran cantidade de asistentes.

Entre as autoridades que acudiron á celebración atopábanse o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo. A presidenta do Consello Regulador da D.O Ribeiro, Concha Iglesias; o presidente da Deputación, Luis Menos; e o presidente do Marlamento, Miguel Santalices, tamén estiveron no evento. Todos eles destacaron o orgullo que supón a Festa do Pulpo para Galicia e, por suposto, tamén para España.

O parque municipal tamén foi o epicentro do Festival de Música Tradicional Galega, o cal contou coa participación das agrupacións Coribandes de Buchade, Cantanascroas, Mediavela e Eskelga. A animación musical rematou na Praza Maior cos Amigos do Acordeón Terras de Celanovas e co concerto de Óscar Ibáñez & Tribo.

En definitiva, este domingo viviuse unha xornada festiva para o desfrute de veciños e visitantes que pon o colofón a quince días de actividades para todos os públicos.

Certame de camisetas

O pasado sábado 10, na fin de semana de celebración da Festa do Pulpo os mozos e mozas do Carballiño volveron a lucir os seus deseños no Concurso de Camisetas. Nesta ocasión foron 80 as peñas inscritas no certame que ten como obxectivo implicar á mocidade na celebración declarada de interese turístico internacional e que acadou este mes de agosto a súa edición número 62. A Praza Maior volveu ser o escenario onde se xuntaron mozos e mozas ata a madrugada, acompañados con animación musical durante toda a xornada. Sen embargo, o certame, previsto para ás 17:00 horas, tívose que retrasar dúas horas, ata as 19:00 horas, debido as altas temperaturas. Polo mesmo motivo, tampouco tivo lugar o tradicional desfile previsto ata a Praza da Veracruz

Este ano o concurso de camisetas batiu o seu récord de participación: 80 peñas e un total de 1.500 integrantes participaron nesta 24 edición do certame. Mediante este concurso seleccionouse o deseño da camiseta da Festa do Pulpo 2024, adicada esta edición a D.O Ribeiro. Repartíronse 600 euros entre os tres primeiros postos. Os gañadores, o grupo Rubencines, galardonados con 300 euros; o segundo posto, para os Mileuristas, son 200 euros; e a medalla de bronce para Os Rabudos, con 100 euros. O resto das camisetas que cumpriron os requisitos das bases recibiron unha compensación por importe de 60 euros cada unha.