O Arenteiro quedou co Trofeo Festa do Pulpo logo de gañar ao Pontevedra por 1-0, a primeira victoria desta pretemporada para o equipo verde. Nun partido marcado pola calor, o primeiro tempo pasou sen oportunidades de meter gol para ningún dos dous equipos, ata que no segundo tempo o Arenteiro levou a delanteira.
Unha gran ovación recibiu nesta segunda parte o regreso do portero Diego García, quen volveu catro meses despois dunha grave lesión sufrida durante a tempada pasada. Tras varios minutos sen que pasara nada, o 1-0 chegou co gol de Enol que sentenciou o encontro.