Aberto o prazo ata o 30 de agosto para anotarse na convocatoria da OPE 2023 para proveer 33 prazas na Deputación

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Logo da aprobación da Oferta Pública de Emprego 2023, atópase aberto o prazo para anotarse nesta convocatoria que proveerá 33 prazas na Deputación de Ourense, tal e como quedou publicado o 10 de agosto no Boletín Oficial do Estado. O prazo estará aberto ata o 30 de agosto.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Deste xeito, cúmprese un dos compromisos adquiridos polo Goberno Provincial coa Mesa Xeral de Negociación, tal e como sinala a vicepresidenta primeira e responsable de Recursos Humanos, Marta Nóvoa: “Temos claro que o persoal da Deputación é o máis valioso da institución provincial, e facemos todo canto está na nosa man para mellorar as súas condición de traballo”, explica. Do mesmo xeito, Marta Nóvoa lembra que estas prazas “suporán tamén un importante reforzo de persoal para a mellora dos servizos que presta a Deputación aos concellos da provincia”.

Prazas ofertadas 

No «Boletín Oficial da Provincia de Ourense» número 131, do 8 de xullo de 2024, publicáranse as bases que han de rexer a convocatoria para prover as seguintes prazas:

Unha praza de letrado/a da Deputación Provincial, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Superior, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.

Unha praza de técnico/a de Administración Xeral, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Técnica, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.

Unha praza de arquitecto/a Técnico, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Media, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.

Unha praza de enxeñeiro/a Técnico Obras Públicas, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Media, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.

Unha praza de oficial/a de Obras e Servizos, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Auxiliar, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.

Unha praza de oficial/a técnico de Seguridade e Saúde, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Servizos especiais e clase Cometidos especiais, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.

Unha praza de auxiliar de Administración Xeral, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Auxiliar e clase Auxiliar, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.

Unha praza de auxiliar de Administración Xeral, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Auxiliar e clase Auxiliar, mediante o sistema de oposición, en quenda reservada a persoas con discapacidade.

Unha praza de subalterno/a de Administración Xeral, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Subalterna, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.

Unha praza de subalterno/a de Administración Xeral, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Subalterna, mediante o sistema de oposición, en quenda reservada a persoas con discapacidade.

Unha praza de técnico/a especialista de Sistemas e Tecnoloxías da Información, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Servizos especiais e clase Cometidos especiais, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.

Tres prazas de administrativo/a de Administración Xeral, pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Administrativa, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.

Unha praza de técnico/a auxiliar de Informática, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Servizos especiais e clase Cometidos especiais, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.

Cinco prazas de condutor/a Maquinaria de Obras Públicas e Vehículos Especiais do persoal de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

Unha praza de oficial/a de Taller – mecánico/a de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

Dúas prazas de operario/a limpador/a de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

Unha praza de peón/a agrícola de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

Unha praza de operario/a construtor de Instrumentos de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

Oito prazas de peón/a de Obras Públicas de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre.