Manuel Herminio Iglesias
Si ate o momento moitos os cataláns pensaban que tiñan un xefe independentista, un político que os defendía, dende o día que volveu a Barcelona e logo fuxiu, Puigdemont quedou retratado como un persoeiro que soamente pensa na súa situación persoal e que apareceu pra facer un espectáculo ridículo.
A vida política dende as eleccións derradeiras camiña en Cataluña por un vieiro moi distinto ó que esperaba o fugado ex presidente. O ciclo que comenzou co chamado procés pasou páxina e, de agora en adiante, cambiou de actor principal polo que unha persoa tranquila e sensata está fronte da institución catalana. Estamos pois nun tempo novo. O demais, o chiste de mal gusto, o xogo de ver a un fugado a ninguén lle fixo gracia. Pois a política é algo máis serio que aparecer, soltar unha arenga e logo agocharse deixando en ridículo ós axentes da autoridade e a milleiros de cidadáns que o viñeron a apoiar.
Sempre mantiven, e manteño, que os temas políticos como o catalán, cando teñen un apoio social moi importante, resólvense dentro do eido da política. A outras vías, como queda demostrado, soamente serven pra fomentar o enfrontamento e a división social. E ise camiño leva a máis controversias e axuda a medrar o problema.
O tema das autonomías catalana, vasca xunto a galega ven de moi lonxe e xa na segunda república foi motivo de discusións e controversias. Polo que o café pra todos de Adolfo Suarez foi un paso adiante, mais non a solución definitiva do asunto. Pero, volvendo ó acontecido o xoves pasado na cidade condal poden quitarse varias conclusións.
A primeira é que o chamado proceso que tanto barullo armou quedou finado. Agora estamos diante outra situación. O segundo é que o tema xudicial nos asuntos políticos non arranxa ren. O terceiro é que dunha maneira indirecta Sanchez sae reforzado, pois a oposición terá que mudar a súa estratexia e comenzar a facer propostas políticas e amosar que quere facer con Cataluña e co resto do estado si chega ó poder. E polo tanto terá que deixar de dar a lata coas denuncias, pois o sr. Feijoo e Rueda tamén teñen casos de suposta influencia con familiares que se beneficiaron da súa estancia no poder. O cuarto é que os independentistas terán que reformular a súa postura política e buscar un novo xefe de filas e, segundo parece, farano nun congreso no outono vindeiro. Pois polo camiño actual non van a ningures, e aínda que poden facer caer o goberno central, non sei si lle iría mellor cós populares na Moncloa.
Por iso que o tempo de culpar ó presidente do goberno de todos os males incluíndo a fuga de Puigdemont non deixa de ser un erro, pois tantas denuncias sin amosar nada do programa pra solucionar os temas como o catalán, acabará volvéndose contra quen non ten nada que presentar.
En fin, en Cataluña comenzou un tempo novo. Un tempo no que na rúa non hai altercados e no que os independentistas son oposición despois de moitos anos no poder. E iso, pasada a festa que protagonizou o escapista, obriga a aceptar unha realidade que manca e abrirá controversias no independentismo. E como sempre acontece, ó non ter o poder, terán que mover ficha, analizar o pasado e definir que se queren ser no futuro.
Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias
Tempo de charlatáns e predicadores
Non todo vale pra acadar o poder
Ditadores coa faciana de demócratas
A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”
Quen fala dos problemas desta terra?
Asaltar o ceo contra o pracmatismo
A fantasía e o consumismo no Nadal
Feijoo e as maiorías absolutas
Descoñecen o que berran e chantean?
Lavándolle a faciana a extrema dereita
Moita enerxía sen rentabilidade
Ourense: Sen obxectivos nin proxectos
Ourense, por riba das ideoloxías
Vandalismo, botellóns e desleixo
Dúas maneiras de actuar na política