A partir de hoxe, o municipio de Maside será o escenario dunha nova edición da Festa do Cabalo, un evento tradicional que acolle afeccionados e profesionais do mundo da equitación.
Este sábado 17 de agosto, Maside dará inicio a XXXIV edición da súa tradicional Festa do Cabalo, evento que terá lugar no Pozo do Lago, na localidade de Negrelle. A xornada comezará cedo, ás 9.30 da mañá, cunha andadura federada, seguida dun xantar popular á 13.30 da tarde.
A festa continuará cunha ruta cabalar ás 16.30 horas, e ás 20.00 da tarde realizarase a entrega de premios da andadura. Para pechar a xornada, haberá unha cea ás 22.00 horas acompañada da música dun DJ. A celebración prolongarase ata o día seguinte, domingo 18, día central da celebración, cando se realizarán actividades como carreiras de burros, concursos de maratóns e un espectáculo de doma vaqueira.