Colombia, Taiwán e Serbia desfilaron polas rúas de Xinzo e Castro Caldelas acollerá ritmos de Panamá, Senegal e México

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

 

A partir das 20, 00 horas, partindo dende o Parque do Toural, o público de Xinzo pudo seguir o desfile dos grupos participantes ata a Praza Carlos Casares, onde comezou, ás 20,30, o Festival folclórico

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

En Castro Caldelas foi a Praza do Prado o lugar que se transformou nun escenario único para gozar coas actuacións de Panamá, Senegal e México, ás 22,30 horas

Hoxe luns, será o último día desta XXXIX edición na que os grupos actuarán por separado. As dúas citas da noite teñen como epicentro ás vilas de Bande, ás 20,30 horas, e Manzaneda, ás 22,30 horas

Ourense, 18 de agosto de 2024.

Xinzo de Limia acolleu o primeiro dos festivais da noite cun desfile. Dende o Parque do Toural ata a Praza Carlos Casares, as agrupacións de Colombia, Taiwán e Serbia despregaron toda a vistosidade e os ritmos cos que gañaron os aplausos do público nas dez vilas ourensás que percorreron nesta nova edición das Xornadas de Folclore.

O grupo de Taiwán, Yuan Yuan Dance Group, procedente da zona centro da illa, nace en 1995 co propósito de dar a coñecer a cultura taiwanesa por todo o mundo. Nas súas actuacións representan as festas máis típicas do seu pobo: danzas do dragón, danzas relixiosas, danzas de ano novo ou de agradecemento á natureza polas colleitas. Todo o patrimonio está vinculado á cultura tradicional da China continental, pero non esquecen as danzas aborixes da illa, máis concretamente do pobo Hakka, etnia natural da illa e que mantén a súa cultura tradicional viva.

Unha vez rematado o desfile, o Festival comezou ás 20, 30 horas.

En Castro Caldelas, na Praza do Prado, os asistentes ao Festival poderon descubrir as historias que os ritmos e danzas dos grupos de  Panamá, Senegal e México contan cunha calidade artística extraordinaria, tras anos de intenso traballo e cunha calidade artística

As Xornadas están organizadas pola  Deputación de Ourense, a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e dos diferentes concellos anfitrións.

Hoxe, 19 de agosto:  Manzaneda e Bande

Hoxe, luns, será a última cita na que as seis agrupacións folclóricas presenten o seu repertorio por separado, en dous Festivais e en dúas vilas diferentes.

A Praza da Constitución, en Bande, fará viaxar ao público ata Colombia, Taiwán e Serbia ofrecendo un abano das distintas culturas e etnias que habitan nestes países. Será ás 20, 30 horas.

Ata Manzaneda chegará a tradición folclórica de Panamá, Senegal e México. No Patio do Colexio, os asistentes poderán descubrir ás raíces da tradición folclórica dos tres países. Será ás 22,30 horas.