O sábado, 30 descendentes dunha das primeiras familias de Carballiño chegan a localidade para recorrer lugares históricos significativas para a vila, en busca das súas raíces históricas.
Este pasado sábado 17 de agosto, O Carballiño foi o escenario do reencontro dunha das familias máis antigas da localidade, a familia Pereira. Un total de 30 descendentes, procedentes de diversos puntos de Galicia, España e países como Arxentina, Perú o Bolivia, participaron nun roteiro urbano organizado polo historiador carballinés, Carlos Montes. Este falou da relevancia dos Pereira, e tamén doutras familias, como os Valeiras, no desenvolvemento da vila dende o século XVII.
O roteiro comezou no Asilo e se extendeu por varios puntos históricos significativos. Os participantes coñeceron as antigas propiedades desta familia, como o Balneario, terreos da igrexa da Veracruz, a Igrexa dos Irmáns Prieto e o lugar onde estaban ubicados os seus solares nesta vila. O roteiro finalizou no Concello, cunha recepción na que estivo o concelleiro de cultura, Diego Fernández. Aquí agasallaron aos asistentes cun exemplar de A Feira do Carballiño e A Liña, dúas obras de Xosé Fariña Jamardo.
Os participantes coñeceron as raíces da súa familia grazas á publicación do libro de Carlos Montes “Alarifes do Carballiño”, o cal despertou o seu interese por aprender máis sobre as súas orixes. Algúns dos participantes expresaron o seu agradecemento a Montes e ao Carballiño por facerlles descubrir a historia dos seus ancestros e tamén por facer posible este acto de reencontro, o cal consideran “un agasallo”
En “Alarifes do Carballiño”, Montes documentou case 400 anos de historia da liña xenealóxica dos Pereira, dende o ano 1580 ata o 1960. A publicación do libro correu a cargo do Centro de Estudos Chamoso Lamas, dende onde amosaron o seu orgullo de constribuír á preservación da identidade cultural e histórica do Carballiño.