Curiosidades, Utilidades, DOG, BOP…. Do 24 ao 30 de agosto

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Facer Clic nas IMAXES

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

26 de agosto: Día Internacional contra o Dengue

28 de agosto: Día Mundial sindrome Turner

29 de agosto: Día Internacional contra os Ensaios Nucleares

29 de agosto: Día Mundial do Videoxogo

30 de agosto: Día Internacional dos Desaparecidos



Máis Información en https://www.diainternacionalde.com/mes/agosto

BOLETINS OFICIAIS : Información de interes :

clic na imaxe

EFEMÉRIDES DE NACEMENTOS

24 de agosto
1899
Nace en Buenos Aires (Arxentina) Jorge Luís Borges, escritor arxentino, unha das glorias das letras latinoamericanas á vez que un dos autores máis destacados da literatura en castelán do século XX, con obras de contos, ensaios e poesía, creador de obras mestras como “A biblioteca de Babel”. (Hai 120 anos)
25 de agosto
1530
Nace en Kolómenskoe (Rusia) Iván IV Vasílievich, chamado tamén Iván o Terrible, zar de Rusia de 1547 a 1584, considerado un dos creadores do estado ruso. (Hai 489 anos)
26 de agosto
1910
Nace en Albania Agnes Gonxha Bojaxhiu, máis tarde coñecida como a nai Teresa de Calcuta, relixiosa católica soada polo seu brillante labor humanitario na India, á beira dos máis pobres. Tras a súa morte en 1997, será beatificada polo Papa Xoán Paulo II no ano 2003. (Hai 109 anos)
27 de agosto
1908
En Gillespie County, Texas (EE. UU.), nace Lyndon B. Johnson, que será o trixésimo sexto Presidente dos Estados Unidos, tras o asasinato de Kennedy en 1963. Xa en 1964, será reelixido nas urnas e ocupará o cargo ata 1969. (Hai 111 anos)
28 de agosto
1749
Nace en Frankfurt do Main (Alemaña) Johann Wolfang von Goethe, que será considerado o máis importante poeta alemán de todos os tempos. Da súa prodixiosa pluma sairá o gran drama “Fausto”. (Hai 270 anos)
29 de agosto
1874
En Sevilla, España, nace Manuel Machado, un dos poetas máis representativos do modernismo español, irmán do tamén poeta Antonio Machado. (Hai 145 anos)
30 de agosto
1871
Na localidade de Brightwater, Nova Zelanda, vén ao mundo Ernest Rutheford, físico e químico neozelandés, que será Premio nobel de Química en 1908 por demostrar a existencia do núcleo atómico. (Hai 148 anos)

EFEMÉRIDES DE OBITUARIOS

24 de agosto
Suicidase en Río de Janeiro (Brasil), tras recibir serias ameazas golpistas do Exército, Getúlio Dornelles Vargas, Presidente da República desde 1951 e en tres ocasiones máis. Industrializó e modernizou o país para mellorar a vida dos traballadores e introduciu melloras sociais, aínda que estas non chegaron ás zonas rurais máis desfavorecidas. (Hai 65 anos)
25 de agosto
2012
En Columbus, Estados Unidos, por complicacións xurdidas tras unha operación cardíaca realizada a primeiros deste mes, morre Neil Armstrong de 82 anos. Foi o primeiro home que pisou a Lúa. (Hai 7 anos)
26 de agosto
1723
Falece en Delft (Holanda) Antoine van Leeuwenhoek, naturalista e investigador holandés considerado o fundador da microbiología, coñecido polas melloras que introduciu no microscopio. (Hai 296 anos)
27 de agosto
1576
Morre en Venecia (Italia) aos 90 anos de idade, Tiziano, pintor que axuntou na súa obra os froitos do Renacemento e o dramatismo do Barroco. Retratou á clase dirixente, pintou paisaxes e cadros relixiosos. (Hai 443 anos)
28 de agosto
1839
En Northampton, Reino Unido, falece o geólogo e cartógrafo William Smith, o primeiro en soster que cada período da historia da terra ten o seu particular rexistro fósil. (Hai 180 anos)
29 de agosto
1947
Tras ser corneado o día anterior na praza de Linares (España), morre o mítico toureiro Manolete. (Hai 72 anos)
30 de agosto
1981
Na cidade de Teherán, Irán, prodúcese un atentado contra a sede do Partido Revolucionario Islámico no que morren 72 dirixentes, entre eles o presidente Rajai e o primeiro ministro Mohamed Bahonar, a resultas do cal, Ali Khamenei, ata entón secretario xeral do PRI, será elixido presidente. (Hai 38 anos)

Máis INFORMACIÓN EN : https://www.hechoshistoricos.es/html/hechoshistoricos0316.html