Outra gran árbore cae na zona do Muiño dás Lousas . Por sorte non houbo danos persoais

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Pasou fai 3 días: Unha veciña do Carballiño que paseaba pola zona do Muiño das Lousas ve como a poucos metros dela cae un árbore de gran tamaño. O susto foi importante.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Non dubidou en sacar o seu teléfono e marcar de inmediato a Policia Local e ao Grupo de Emerxencias do Carballiño. A súa voz, aínda temblorosa, describiu a situación coa maior precisión posible. Os minutos que seguiron fixéronse eternos, pero finalmente, o son das sirenas rompeu o silencio do lugar, traendo consigo unha sensación de alivio.

Os servizos de emerxencia, ao chegar, avaliaron a situación con rapidez e procederon a retirar a árbore caída. O traballo, aínda que arduo, realizouse con eficacia. Ao cabo dunhas horas, o roteiro estaba despexada e o perigo, polo menos de momento, fora neutralizado.

NOTA DO GRUPO DE EMERXENCIAS DO CARBALLIÑO

As 18:00 h da tarde de onte, fomos requeridos primeiro pola policia Local e deseguido polo C.I.A.E 112, por a caída dunha arbore no Parque. Agradecemos a colaboración e axuda dos compañeiros da policia local, xa que se non fora por eles a única a persoa de garda houbeselle sido moi difícil facer o traballo só.