A Deputación de Ourense e a Agrupación de asociacións veciñais Miño veñen de reforzar a súa colaboración, tal e como quedou de manifesto na reunión que mantivo esta mañá o presidente provincial, Luis Menor, co vicepresidente e secretario desta entidade, Manuel Solveira e José Manuel García Casares, respectivamente.
No encontro o presidente provincial puxo en valor o traballo que realiza esta entidade “a prol do medio rural en numerosos territorios da cidade”, xa que agrupan a 22 asociacións fundamentalmente do rural da cidade de Ourense. Un traballo que conta co apoio da Deputación que vén de conceder unha achega de 17.528,69 euros a esta Agrupación a través da liña de axudas convocada para gastos de funcionamento das federacións ou agrupacións de asociación veciñais de Ourense.