O Carballiño impulsa un plan de emprego para persoas mozas para facilitar a inmersión dos xoves no mercado laboral

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os concellos de Carballiño, Maside e Boborás lideran de maneira conxunta a solicitude dun programa de emprego para xóvenes, una iniciativa coa cal se busca mellorar e facilitar a inmersión das persoas mozas no mercado laboral.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Trátase do primeiro plan laboral dirixido en exclusiva para os xoves concedido ao Concello. O seu obxectivo é facilitar a inserción profesional das persoas mozas no mercado laboral, en traballos de carpintería e xardinería. Os mozos e mozas seleccionadas para participar centraranse en traballos orientados no acondicionamento da senda peatonal do río Arenteiro. Ademais do acondicionamento da senda peonil do río Arenteiro, o proxecto permitirá realizar outras actuacións, como o melloramento das zonas verdes con actuacións de axardinamento.

Dezaséis mozos e mozas serán as persoas seleccionadas para participar neste proxecto, no cal realizarán traballos de carpintería e xardinería durante todo un ano. A solicitude de participación nestos programas duais de emprego pode realizarse de xeito telemático a través da Oficina Virtual de Emprego de Galicia.