O Carballiño convértese nun set de rodaxe: a produtora de Matria busca actores e actrices para protagonizar a súa nova produción

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

No mes de outubro, o Carballiño converterase nun set de rodaxe para a gravación da nova produción de Matriuska Produción, responsable de filmes como “Matria”. A produtora anda na procura de actores e actrices para protagonizar “As maos da pulpeira”, un cortometraxe moi ambicioso sobre as pulpeiras dos anos 50 no Carballiño. A produción ten un valor histórico único por ser o primeiro rexistro audiovisual das pulpeiras a mediados do século XX. Desta forma, a través de producións coma esta, permiten que a tradición perdure no tempo e recoñecen a importante labor das mulleres na nosa terra e a importancia do noso pasada.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na busca do rigor e autenticidade na actuación, están na procura de “perfís cotiás e auténticos”, non necesariamente intérpretes profesionais. Quen queira participar, pode inscribirse á convocatoria de casting no formulario dispoñible nas nosas redes sociais.

Lembramos que o casting presencial terá lugar esta semana, dende o xoves 29 ata o venres 31 de agosto na Casa da Cultura do Carballiño. Se alguén interesado non ten dispoñibilidade para asistir á convocatoria presencial, poderá poñerse en contacto coa produtora a través do número 681 601 412.