O Mago Paco trae este próximo venres á Biblioteca Municipal a actividade “Maxia Divertida. Contamamaxias”, dentro do programa “Ler Conta Moito” da Xunta de Galicia.Esta vez, O Mago Paco preséntanos unha morea de contos e historias a través de xogos e da maxia, que levará a nen@s e maiores a descubrir a “maxia divertida” que agochan os contos. Desta volta, este peculiar personaxe, argallou novas maxias engadindo a risa como elemento principal para sorprender ao seu público. Unha proposta pouco convencional para traballar os contos, pero moi, moi divertida!! Poderase desfrutar a diversión do Mago Paco o venres, 30 de agosto ás 11 da mañá na Biblioteca Municipal do Carballiño da Casa da Cultura.Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello do CarballiñoA través deste programa, as bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ofrecen actividades variadas para achegarlle á cidadanía a lectura e a información dunha maneira lúdica e atraente.Deste xeito as bibliotecas reforzan o seu carácter de espazo aberto, ao tempo que alentan a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que proporcionan.Ler conta moito ten como obxectivo xeral animar á lectura a través dunha programación de actividades atractivas, vinculadas aos intereses dos distintos colectivos, que faciliten o achegamento aos espazos bibliotecarios.Con este programa preténdese:-Fomentar o hábito da lectura no conxunto da poboación.-Fortalecer o papel das bibliotecas como espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizaxe permanente e da descuberta de novos temas e inquedanzas sociais.-Consolidar a programación compartida da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, coa renovación permanente de propostas atractivas e de calidade.-Promover o desenvolvemento cultural como vehículo para o crecemento persoal e colectivo.-Valorar o libro e, en xeral, a lectura como elemento de transmisión de coñecemento e de reflexión.