Pereiro e Ourense acollerán a primeira Copa Deputación de PumpTrack

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 28 de agosto de 2024.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os municipios de O Pereiro de Aguiar e Ourense acollerán a primeira edición da Copa Deputación de PumpTrack os días 31 de agosto e 7 de setembro, respectivamente.

O PumpTrack é unha disciplina que vén do BTT cunha bicicleta de BMX que se realiza nun circuíto pechado, trátase dunha modalidade deportiva que está moi en tendencia e que se considera deporte urbano, explicou Antonio Piñeiro.

O vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Deportes, César Fernández, e a directora territorial da Consellería de Presidencia da Xunta, Beatriz Fernández, coñeceron hoxe no Pazo Provincial os detalles desta competición da man do presidente e da directora deportiva do Club Maese Riders -organizador do evento-, Antonio Piñeiro e Rosa María López, que estiveron acompañados por deportistas do club de entre 6 e 14 anos.

A Copa Deputación disputarase en dúas xornadas: a primeira delas o 31 de agosto no Complexo Deportivo de Monterrei, e a segunda terá lugar o 7 de setembro no circuíto de pumptrack no Parque das Letras.

En ambos casos, os adestramentos comezarán ás 12.00 horas e a primeira manga comezará ás 14.00 horas.A organización estima unha participación de máis de 100 deportistas federados de toda Galicia cunha representación ourensá de ao redor de 25 corredores e competirán todas as categorías do ciclismo desde Promesas a Máster.