Xinzo de Limia, 2 de setembro do 2024 || Entre o venres 30 de agosto e o domingo 1 de setembro tivo lugar, na carpa exterior do Pavillón Polideportivo de Xinzo de Limia, a V Edición da Feira do Agro da Limia, Alimagro, na que a Indicación Xeográfica Protexida de Pataca de Galicia contou cun stand propio. O primeiro día celebrouse a Xornada Técnica da Pataca na Casa da Cultura, na que participaron o presidente do Consello Regulador da IXP, José Manuel Gómez, e o técnico de campo da mesma institución, José Antonio Chao.
Ao longo da fin de semana, os asistentes puideron desfrutar dun programa no que se puxo en valor a agricultura da comarca. A Indicación Xeográfica contou co seu stand, onde todos os visitantes consultaron información sobre as tres variedades que representan: a Kennebec, a Agria e a Fina de Carballo.
Na xornada do venres, ocorreu a II Xornada Técnica da Pataca:
- Ás 09:45h., o técnico de campo José Antonio Chao, participou na mesa redonda inaugural “Sementeira da pataca: claves do éxito“, xunto ao Product Manager de Agrico España, Juan José Santamaría, o director xerente de COSIDEL, Javier Fernández, o representante de Sementares, Fernando Almeida, o labrego de Xinzo, Julio Montero e o representante de Maquinaria Agrícola Suárez, Julio Suárez.
- Ás 11:25h., o presidente da IXP Pataca de Galicia, José Manuel Gómez, interveu en “Mercados e tendencias da pataca“, xunto á xerente do INORDE, Emma González, a directora xeral de Gallega de Patatas, Gloria Fernández, o director comercial de Patatas Meléndez, Eduardo Lambás, o lebrego de Xinzo, José Ángel Sotelo e o labrego de Sevilla, Nicolás Loubet.
O sábado, ante unha gran expectación do público, elaborouse a tortilla de pataca máis grande da Limia, con 350 kilogramos de pataca, 1500 ovos, 30 kilogramos de cebola e 20 litros de aceite.
A IXP de Pataca de Galicia extrae un balance moi positivo desta IV Edición, e agarda con moita motivación a seguinte, na que seguirán a defender o marabilloso tubérculo galego.
Ambas as mesas contaron coa moderación de Máximo Gómez.
A IXP de Pataca de Galicia extrae un balance moi positivo desta V Edición, e agarda con moita motivación a seguinte, na que seguirán a defender o marabilloso tubérculo galego.