“Nos últimos anos aumentou o anhelo profundo por conectar máis estreitamente coa natureza, levar un estilo de vida máis saudable e contribuír activamente a unha contorna máis sostible”, expón a edil do PSdeG Alba Iglesias
Tamén se reclama ao executivo local que se inclúan estes novos espazos nas políticas e programas de educación ambiental do Concello de Ourense, colaborando con colexios, institutos e centros de formación profesional
Ourense, 3 de setembro de 2024. O grupo municipal socialista presentara, no vindeiro pleno ordinario do mes de setembro, unha moción para a creación e xestión de novos hortos urbanos que amplíen os espazos verdes da cidade de Ourense e, á súa vez, poidan empregarse como recursos educativos e lugares de intercambio de coñecementos. “Nos últimos anos aumentou o anhelo profundo por conectar máis estreitamente coa natureza, levar un estilo de vida máis saudable e contribuír activamente a unha contorna máis sostible. Os hortos urbanos non só permiten á cidadanía cultivar alimentos frescos e locais, senón que tamén fomentan a cohesión social”, sinala a edil do PSdeG Alba Iglesias.
Para elo, o texto rexistrado pide, entre os seus puntos de acordo, que se indentifiquen terreos municipais infrautilizados ou abandonados que sexan adecuados para a creación de hortos urbanos, priorizando aquelas zonas con menos acceso a espazos verdes e maiores necesidades sociais. Así como ofrecer formación e apoio técnico do Concello aos usuarios e usuarias destes espazos, en colaboración con organizacións ambientais, promovendo a agricultura ecolóxica, a economía circular e empregando técnicas como a rotación e a selección de sementes.
“A forte tradición agrícola da nosa rexión reforza o potencial destas iniciativas. Promover hortos urbanos non só revitaliza terreos infrautilizados, senón que tamén fortalece os lazos comunitarios e reforza o compromiso coa sustentabilidade. Este tipo de proxectos alíñanse cos intereses ambientais, contribuíndo á mellora da calidade do aire e á promoción da biodiversidade”, resume a tamén secretaria xeral de Xuventudes Socialistas.
Precisamente para contribuir a ese impulso da mellora da calidade do aire, outro dos puntos de acordo da moción solicita que dende o goberno municipal se garanta que os hortos teñan un acceso que priorice medios de transporte sustentable (como as bicicletas, os autobuses ou o transporte público en xeral) co obxectivo de reducir a dependencia do coche. Tamén que se inclúan estes novos espazos nas políticas e programas de educación ambiental do Concello, colaborando con colexios, institutos e centros de formación profesional.
“É crucial que estes hortos sexan ecolóxicos, evitando o uso de insecticidas e herbicidas, especialmente nos que se atopen preto do río, para previr a contaminación da auga e a contorna”, remata puntualizando a socialista sobre a iniciativa.
Enviamos enlace ao audio con declaracións da edil do PSdeG no Concello de Ourense Alba Iglesias:
https://drive.google.com/file/d/1fjuAYoTAq7Su2Mcwn2lz5vz_2XBLQIl2/view?usp=sharing
Enviamos enlace ao vídeo nun dos hortos urbanos municipais da edil do PSdeG no Concello de Ourense Alba Iglesias:
https://drive.google.com/file/d/1dOGSk9Olwj9vT00qCXLImOvVr6ODmZaL/view?usp=sharing