San Amaro reivindicou o seu pasado castrexo cunha festa no asentamento de Lás

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de San Amaro celebrou esta pasada fin de semana a terceira edición do ‘Festival Céltico’ e a segunda da ‘Festa Galaica Oenach’, no recinto castrexo de San Cibrán de Lás. A programación desenvolveuse dende o sábado coas actuacións musicais dos grupos galegos Zurrumalla e Leirabuxo e, xa o domingo, coa romaría castrexa, na que o grupo de teatro Dar Trela do Carballiño representou unha típica voda celta, entre outras actividades de recreación histórica.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O alcalde de San Amaro, Fernando Rodríguez, asegurou que xa ten a vista posta na edición de 2025 desta xa tradicional celebración:

O evento, organizado polo Concello de San Amaro, busca reivindicar as raíces dos antepasados de San Cibrao de Lás, un enclave de referencia a nivel histórico e cultural, xa que é o castro con maior superficie escavada de toda a provincia de Ourense. Trátase dunha iniciativa que aglutina cultura, música e tradición ao redor dun dos enclaves turísticos de maior proxección deste municipio.

Foi este aspecto de proxección turística o que destacou o conselleiro de Cultura da Xunta, José López, que estivo presente na celebración como convidado de honra da alcaldía.