O estadio municipal de Espiñedo acolleu hoxe a comparecencia do director deportivo de Club Deportivo Arenteiro, Alex Vázquez, e do novo director xeral, Uxío Dapena, co obxectivo de realizar unha valoración das incorporacións feitas ao equipo verde dende o mercado de fichaxes, amosando o seu optimismo cara afrontar outra tempada máis na Primeira RFEF.
Pola súa banda, Uxío Dapena, asegurou estar orgulloso de pertencer ao club de Espiñedo.