Visita do subdelegado do Goberno ó inicio das obras de construción dunha senda fluvial no río Sampil, en Celanova

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, e o alcalde de Celanova, Antonio Puga, xunto a varios membros do grupo de goberno,  visitaron esta mañá o inicio das obras de construción dunha senda fluvial no río Sampil.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A obra, realizada a cargo do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, a través da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, conta cun orzamento de 453.061,13 euros.

O subdelegado do Goberno aproveitou a visita para tratar outros temas de interese para Celanova, como a posta en marcha do proxecto de saneamento en áreas rurais do Concello e melloras na eficiencia enerxética do Auditorio Municipal.