Ribadavia celebra as ‘Festas do Portal’ cun atractivo programa de actividades

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

As festas patronais de Ribadavia celebraránse entre os días 6 e 9 deste mes de setembro cun amplo programa de actividades para tódolos públicos e co punto de mira na xornada central do domingo día 8, festividade da Virxe do Portal e de toda a comarca do Ribeiro. Para o sábado, día 7, está prevista a 8ª Xuntanza de Motos Clásicas e os pasarrúas dos xigantes don Pedro e dona Ana, os cabezudos e os ‘cabezudiños’, acompañados por Airiños de Arnoia. Nesa mesma xornada, a asociación de Mulleres Rurais encargarase da elaboración da alfombra froral fronte ao Castelo para a solemne procesión do domingo, e que este ano levará o escudo de Avión, concello que fará a ofrenda a Virxe en boco do seu alcalde, Antonio Montero.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A concelleira de Cultura, Yolanda Gómez, animou a veciñas e veciños á axudar na confección da alfombra:

A banda de música A Lira abrirá o día grande do domingo cun pasarrúas, antes da recepción das autoridades e a saída da procesión polas rúas da vila e posterior misa solemne na igrexa de Santo Domingo, xornada que se pechará co XXI Festival de Bandas no Castelo e unha sesión de fogos artificiais, entre outras actividades.