O subdelegado do Goberno en Ourense reúnese cos alcaldes de Terras de Caldelas para abordar os efectos da EHE na comarca

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
  • , cunha partida de 15 millóns de euros, e que serán compatibles coas achegadas pola administración rexional, europea e local

Castro Caldelas, 5 de setembro de 2024. – O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, reuniuse esta mañá con alcaldes da Comarca Terras de Caldelas para abordar os efectos que a enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE) está ocasionando ás explotacións gandeiras da zona, logo de que Medio Rural informase esta semana de que aumentaban a 27 as comarcas veterinarias galegas (14 ourensás) afectadas por este praga.

Para coñecer a situación Eladio Santo visitou unha explotación na parroquia de Pola (Castro Caldelas), acompañado polos rexedores de Castro Caldelas, Sara Inés Vega; Montederramo, Óscar Diéguez, e Parada de Sil, Aquilino Domínguez. Durante a visita, o subdelegado lembrou que son as comunidades autónomas, no caso de Galicia a través da Consellería de Medio Rural, as competentes en materia de gandería e, polo tanto, é a Xunta, en primeira instancia, a responsable de establecer axudas ao sector, como así publicou esta en xaneiro de 2024, “pero estas axudas aplícanse  só no caso de morte do animal e cun baremo de indemnización moi baixo, fronte ao establecido por outras comunidades”, lamentou Eladio Santos.

Pola súa banda, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación está a actuar como axente de enlace e coordinación entre as comunidades e, cumprindo co compromiso manifestado o pasado mes de maio durante o Foro de Gandería Extensiva celebrado en Toledo, o Goberno de España ultima un Real Decreto para complementar as axudas aos gandeiros, compatibles coas achegadas pola administración rexional, europeo e local. As mesmas terán carácter retroactivo e inclúense nunha partida de 15 millóns de euros destinada a paliar os efectos económicos que a EHE está a causar no sector gandeiro.

A este respecto, dende Medio Rural aseguran que están á espera de dito decreto para habilitar a súa liña de axudas porque precisan coñecer de canto diñeiro disporá Galicia e como se executará. Neste senso, o subdelegado foi claro: “a Consellería non debe agardar polas medidas do Ministerio, senón activar as súas propias e estar ao carón dos gandeiros, con axudas directas para resolverlles os problemas que todas estas perdas están causando nas explotacións”, sentenciou.

Ademais, explicou que a evolución da enfermidade desde 2022, data do seu inicio en España, está a ser a previsible, polo que as autonomías poden tomar as medidas que consideran oportunas en materia de prevención ou axudas financeiras para medicamentos ou tratamentos.

Santos lembrou o compromiso do Ministerio a aportar unha vacina, que xa está dispoñible. Ademais, o MAPA está valorando a restrición de circulación de gando entre comunidades e incluír a EHE dentro das coberturas dos seguros agrarios ENESA.

Por último, o subdelegado deixou claro que o gandeiro é “un sector estratéxico, non só económico, senón para reflexar o noso apoio ao mundo rural  e á gandaría sostible e de calidade, que é polo que debemos apostar en Galicia”.