Accidente na A-52, termino municipal de Carballeda de Avia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Un camión que circulaba esta mañá pola autovía A-52 saíuse da calzada no punto quilométrico 256, á altura do municipio de Carballeda de Avia. O vehículo de transporte ten matrícula de Polonia e seu condutor resultou ferido e foi asistido polo servizo sanitario do 061, que desprazou ata o lugar unha ambulancia. Ao lugar de accidente acudíron efectivos dos Bombeiros GES Ribadavia e Garda Civil de Tráfico, mentres o servizo de mantemento de autoestradas traballa nestes intres para despexar a calzada.