A celebración das festas patronais do San Cibrao, que darán comezo este vindeiro venres, día 13, motivan ao Concello do Carballiño a unha planificación diferente da circulación vial na vila debido á instalación das atraccións e os postos recreativos e de venda en varias zonas do casco urbano. Deste xeito, prevense cortes ao tráfico nas avenidas Conde Vallellano e Julio Rodríguez Soto e, tamén nas rúas circundantes á praza da Alameda:
Estes cambios foron explicados por Francisco Valeiras, cabo xefe da Policía Local do Carballiño.
O responsable policial tamén fixo referencia ao plan especial de seguridade para a sesión pirotécnica do vindeiro sábado, prevista para a medianoite na explanada do Parque municipal, que deberá ser ampliado debido ao incremento do nivel explosivo dos fogos, que pasarán dos 49 quilos do ano pasado aos 70 quilos, establecéndose por elo un perímetro de protección.