Aparatoso accidente de tráfico en Cudeiro

Un aparatoso accidente de tráfico en Cudeiro, en Ourense á primeira hora da mañá deixa polo menos unha muller ferida, E.S.R.

08:45 HORAS informa 112G saída vía turismo, e posterior vulco ao patio da vivenda núm 28 en Lgar de Outeiro // parroquia de Cudeiro, proximo á OU-150

Por causas que se descoñecen, o coche saíuse da vía e acabou envorcando sobre o patio interior dunha vivenda no lugar de Outeiro, en Cudeiro. A condutora do turismo foi evacuada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense para ser atendida das lesións sufridas tras o golpe. A condutora, de 37 anos,deu negativo nas probas de alcol e drogas.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------