Espazo Común demanda ao servizo xurídico do Concello aclaración legal da situación de transfuguismo do Alcalde

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A secretaria municipal deberá facer a consulta ao PsdeG-PSOE para que defina se segue a formar parte do Grupo Municipal Socialista ou é non adscrito.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

   O Carballiño,  12 de setembro de 2024.

A situación que padece o Concello do Carballiño despois do pacto de intereses asinado por PP e PSOE para manter a Fumega na alcaldía a calquer prezo, segue a pasar factura á imaxe do noso pobo e segue a ser unha lousa no funcionamento diario da institución municipal.

A indefinición legal sobre a situación na que queda a corporación despois do anuncio por parte do PSdeG-PSOE da suspensión cautelar de militancia do alcalde é unha lousa moi pesada e que os veciños deste pobo non merecen ter que sufrir.

Dende Espazo Común pedimos claridade e transparencia polo que pediremos por escrito aos servizos xurídicos do Concello que en aplicación do artigo 73 da Lei de Bases de Réxime Local 7/1985 que a Secretaria Municipal solicite oficialmente por escrito aclaración ao seu partido de orixe se segue a formar parte do Grupo Municipal Socialista ou pasa a ser concelleiro non adscrito.

O devandito artigo reza que: “a efectos da súa actuación corporativa, os membros das corporacións locais constituiranse en grupos políticos na forma e cos dereitos e obrigas que se establezan con excepción daqueles que non se integren no grupo político que constitúa a formación electoral pola que foron elixidos ou que abandoen o seu grupo de procedencia, que terán consideración de membros non adscritos”.

A cidadanía ten dereito a saber se o seu alcalde é un transfuga ou se é un transfuga amparado polo seu partido que xoga a tirar a pedra e esconder a mán para seguir tomándolle o pelo á veciñanza do Carballiño.

Agardamos que este triste e patético episodio da historia do noso Concello se peche canto antes para poder mirar cara ao futuro e poder traballar nas cousas que realmente importan.