Expourense acolle mañá a terceira edición do festival ‘Our Fest’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A terceira edición de OUR FEST abrirá as súas portas mañá sábado en Expourense para unha xornada repleta do mellor pop rock alternativo. Un festival que en tan só tres anos, logrou posicionarse como un referente da escena musical nacional, e este 2024 non será diferente, cun cartel que promete emocións fortes grazas á presenza de artistas como Jake Bugg, Miles Kane e Yard Act, que actuarán por primeira vez en Galicia, xunto a grandes nomes como Teenage Fanclub, Los Enemigos e Caballo Prieto Azabache.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na presentación do evento participaron Xosé Manuel Merelles, Director de Turismo de Galicia; César Fernández, Vicepresidente segundo da Deputación de Ourense e Deputado de Cultura; Aníbal Pereira, Tenente de alcalde do Concello de Ourense; e David Jiménez-Zumalacárregui, director artístico do festival. Unha presentación na que se destacou a relevancia do festival non só como evento musical, senón como un verdadeiro motor cultural e turístico para a rexión.

O director xerente de Expourense, Rogelio Martínez, foi o encargado da introducción:

César Fernández, vicepresidente da Deputación, loubou o cartel do festival:

O representante do Concello, Aníbal Pereira, destacou o papel das institucións nestas iniciativas:

Escoitamos a David Jiménez, director do Our Fest:

Rematou o turno de intervencións Xosé Manuel Merelles: