Xulio Dobarro: do “san Isidro” madrileño ao san Cibrao carballiñés, da man de dona E. Pardo Bazán

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO


Tentar en humilde crónica, como a que segue, sobre a autora de imponente corpo e espírito como os de Dona Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851- Madrid, 1921) non deixa de ser unha ousadía pola miña parte, pero que, a curiosidade e a sorte me levaron a topar cunha novela da súa autoría, -para min descoñecida como outras moitas- cando na cidade de Vigo se celebraba a Feira do Libro Antigo do ano actual.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

 A portada desta edición facsímil animaba a achegarse á súa lectura para discernir algunhas curiosidades, ademais da súa ampla representación gráfica de escenas no seu interior que case permiten interpretar o argumento da narración coa soa contemplación daquelas.

A información incluída na portada invita á descuberta: Colección: “Mujeres”; “Insolación” (Historia Amorosa”) que pode desconcertar á persoa lectora, por vocábulos aparentemente incoherentes; ademais da publicidade que o editor suxire con: “Uno de los textos más atrevidos de una de las mujeres más audaces de las letras españolas” (1889).

 Efectivamente, o texto non decepciona, cando, ademais conxunturalmente este verán está sendo obxecto de abondosos comentarios na rúa e nos medios de comunicación o das altas temperaturas  -en Madrid en particular- e a fuxida a clima máis agradable ao ata agora esquecido noroeste Atlántico e Cantabrico de Galicia. Pois a novela xoga precisamente co concepto de INSOLACIÓN -real e irónico- do estío madrileño e o refuxio refrescante da cidade olívica, coincidindo coa celebración  do Santo Isidro na “Pradera” por un lado, e os preparativos para transladarse á cidade viguesa da viúva Asís  e máis a súa filla. Polo tanto, isto das altas temperaturas matritenses non é algo novo, pero que só podían desfrutar e evitar as clases acomodadas, como era o caso de Francisca Taboada, a protagonista feminina, mentres que na actualidade se ten democratizado, en certo modo, ese lecer.

 A novelista xa dera a luz uns anos antes, en 1885, outra novela, El Cisne de Vilamorta, -trasunto do Carballiño- ambientada nesta vila con protagonistas na súa maioría de estirpe carballiñesa que, tamén coincidindo coa vendima e as festas do San Cibrao,  -ou do Setembro-, os politicos de turno aproveitan para renovar os seus compromisos co pobo e, ao mesmo tempo desfrutar da ocasión na compaña da familia, amizades e simpatizantes políticos dun dos ex-ministros de turno, Victoriano Andrés de la Comba, acompañado da súa dona Nieves e da filla de ambos  

 O coñecemento da contorna do Carballiño á autora vénlle do seu matrimonio con José Quiroga y Pérez de Deza. Este herdara da súa nai algunhas das mellores propiedades na bisbarra; chámense estas, por exemplo, O Pazo de Banga, Cabanelas ou “balcóns” sobre o Ribeiro, ou pola parte de Corneda no Irixo, e outras propiedades urbanas na mesma vila do Carballiño como a que aínda hoxe se coñece como casa dos Quiroga ou a do Balneario que loce na portada as iniciais do seu antigo propietario J-Q?. Na comarca dezá, estremeira, pazo e souto de Quiroga-Catasós constitúen  unha pegada senlleira máis dese pasado fidalgo con vedraños castiñeiros decimonónicos. 

Facsímile da primeira edición de 1885, publicado con motivo do centenario do falecemento da autora, o 21 de maio de 1921. Edita Concello do Carballiño coa colaboración da Real Academia Galega.

 Só lembraremos, ao fío dos títulos anteriores, que a que se considera a obra magna da escritora de temática galega, Os pazos de Ulloa (1886-1887), que polas datas de publicación das obras, ademais dalgúns nomes de personaxes e lugares que se repiten, todo fai supoñer que estaría traballando simultaneamente nas tres. Digamos que se retroalimentan entre si, dado o substrato socioeconómico común que predomina na sociedade galega do momento, e que segundo opinións máis ou menos aceptadas, a autora tomaría como referencia a contorna dos predios anteditos  para completar datos das súas novelas. Fidalguía rural en decadencia e outra urbana “aburguesada” repártense os papeis.

  Sería moi pretencioso pola miña parte pretender unha análise crítica das tres novelas, xa que non reúno os elementos de xuízo necesarios para realizala, nin tampouco é este o medio. Vou procurar introducir algúns dos elementos básicos da análise, e, se acaso, espertar a curiosidade para que cada persoa lectora faga a súa propia descuberta que, a bon seguro, non vai saír defraudada.

Pazo  de Las Vides (Banga) e horta na que Segundo García “acosaría”  por segunda vez a Nieves

 A partir dunha idea básica sobre o que se pode entender como argumento dunha novela, é dicir, contar de xeito abreviado o que lles suceden a unhas personaxes nun determinado tempo, lugar e circunstancias, por exemplo, no caso de El Cisne de Vilamorta, vén sendo algo sí como que “Victorino A. de la Comba, ex-ministro, acompañado da súa dona, Nieves, e a filla de ambos, Victoria, procedentes de Madrid, veñen pasar parte do tempo de verán-outono a Vilamorta e máis á súa propiedade  familiar no pazo de “Las Vides” -trasunto de Banga-, despois de cumprimentar a aquelas persoas “Vilamortanas”máis achegadas, non tanto a nivel familiar, como por simpatías ou favores políticos. O pazo está a ferver en actividade porque é tempo de vendima e de revisar as rendas. Ademais, en Vilamorta están cos preparativos das festas do Setembro (San Cibrao), e toda a familia se vai desprazar ata alí para presenciar, ademais do bulicio insoportable da feira, a atracción principal: o lanzamento do globo e de “fuego fijo y volador” [a tradición na comarca tiña establecido que o día dezaseis, coincidindo coa feira, os da contorna aproveitasen para cear e presenciar o lanzamento da foguetería en fronte da casa consistorial, que, por dicilo dalgún xeito, despois de “facer caixa”,  o dia propio para os “vilamortanos” é o dezasete, festivo local].

 Pois ben, á parte da familia fidalga [Dona Emilia coñecía ben, tanto o terreo como os seus usos e costumes], aparece un personaxe local, Segundo, un romántico veciño, cuxa vocación é ser poeta -emulando a Bécquer- o que non lle promete moito futuro, segundo, entre outros, o propio Victorino que lamenta a súa vocación: “No puede V., novicio como es, adivinar en lo que se mete; me da V. Pena: ya está V. divertido. En el estado actual de la sociedad, para descollar o brillar en algo, hay que sudar sangre como Cristo en el huerto…Si es en la poesía lírica, Dios nos asista. Si hace V. comedias ó dramas, verá V. lo que es bueno: adular a los cómicos, dejar el manuscrito arrinconado, apolillándose  en un cajón, que le corten a V. de un tijerazo medio acto…Si se mete V. a periodista no descansará V. diez minutos. Si escribe V. libros…¿Pero quién lee en España?

Ponte medieval da Veiga  sobre o río “Avieiro” (Hidrotopónimo, quizais suma do “Avia+Arenteiro)

 A todo isto, este Segundo García, solteiro, vai caer prendado da beleza de dona Nieves e cando ten ocasión, no pazo contra a noitña, ou na noite dos fogos aproveitando a confusión, consegue achegarse a ela. Incluso a situación lle podía ser favorable a causa da delicada saúde do exministro, que se lle presenta a morte por aqueles días. A viúva non accede ás pretensións do ínclito Segundo, pois ela e mais a filla poñen os pés ao camiño cara Madrid ao día seguinte da morte de Victoriano.

 Os últimos parágrafos da novela infórmannos do suicidio de Leocadia, a mestra que estaba arruinada e pretendía matrimonio con Segundo García. Este, unha vez que sabe que Nieves ten outras aspiracións en Madrid cun Marqués, pon rumbo a América, non sen antes mostrar repugnancia polo ambiente que naqueles días de inverno se estaba a desenvolver pola vila: o da matanza.

 Con respecto ao ambiente da vila son moitas as referencias que se inclúen como algo característico. Por exemplo a loita política dos dous grupos rivais, perfectamente diferenciados polas tertulias en cadansúa das farmacias: a de dª Eufrasia (reaccionaria, tradicional), e a de Agonde (liberal e ilustrada).

 Como tampouco poden faltar outras, propias da tradición local, como a de tomar as augas no balneario, o biscoito maimón, o pan típico, ou o lanzamento do globo nas festas do setembro [Como en Betanzos!]. Estas co tradicional lanzamento dos fogos cuxo narrador interpreta así : “Tan pronto se quedaba a oscuras la escena como se inundaba de claridad y parecía ascender hasta el balcón la plaza, con su avispero de gente, las manchas de color de los tinglados y los cientos de rostros humanos vueltos hacia arriba, disfrutando y saboreando el gran placer de los hijos de Galicia, raza que ha conservado el culto y amor del celta por los fenómenos ígneos, por la noche iluminada, compensación del brumoso horizonte diúrno”.

 Contra o cabo da novela, na tertulia de Dª Eufrasia, “laméntase una vez más el fallecimiento de D. Victoriano Andrés de la Comba, protector y padre de todos los vilamortanos sin colocación, diputado útil y agente infatigable de la comarca. A vivir él  no se iría seguramente un muchacho de tanto mérito, un poeta [Segundo, El Cisne de Vilamorta) -aquella noche toda la tertulia convenía en que Segundo tenía mérito y era poeta- a cruzar los proceloso mares en busca de una posición decente”.

 Hai algunhas outras referencias xeográficas, de entre as que destaca a do río Arenteiro, cuxo alias bautiza a Condesa como “Avieiro”, e “Cebre”, [tamén en Los pazos de Ulloa] que, este, polas referencias a tres panadeiros, todo fai cabilar que se trate de S. Cristovo de Cea, ou el “Borde” por Ribeiro-Orcellón.

 “Un día las (as nenas) condujo al remanso del Avieiro, al puente de piedra bajo cuyos arcos el agua negra, fría e inmóvil, dormía siniestro sueño. Y les refirió que allí, por ser el río más hondo y calentar menos el sol, se guarecían las más corpulentas truchas, y que junto al estribo había aparecido el mes anterior un cadáver.” (Ponte da Veiga?) `

  O novo dono do Distrito, “el señorito Romero había ofrecido poner en Vilamorta estación telegráfica; y también se decía mucho en los papeles que la importancia vitícola del Borde (O Ribeiro-Orcellón), reclamaba un ramal de ferrocarril, y pronto vendrían los ingenieros a estudiarlo”

 La Coruña,Septiembre de 1884

 Desde o punto de vista lingüístico, a autora coruñesa non fai demasiadas concesións á lingua galega, nin sequera no vocabulario máis usual da viña, a non ser,  por exemplo “ o culeiro”; ou unha construción característica do galego que ás veces se reproduce como galeguismo no castelán. Estoume a referir, en particular ao uso do pronome de solidariedade, tan estendido no galego: che/lle que provoca a tradución “te/le” ao castelán incorrectamente -moi vivo no castelán de substrato galego- e da que dá proba conscientemente a autora do seu coñecemento na frase [Non sei se con intención despectiva ou trazo lingüístico costumista]

 -¡Segundo (O Cisne) te sabe paseos preciosos!

INSOLACIÓN (Historia amorosa)

 Advirto de antemán que a descuberta desta novela de Dª Emilia foi totalmente fortuíta. Como xa dicía, cadroulle na feira do libro Antigo na cidade de Vigo, onde por curiosidade tiven a oportunidade de descubrir o que creo se pode considerar unha obra extraordinaria e senlleira, tanto pola súa modernidade, en xeral, como “por la genial capacidad literaria de la autora, que lucha con su pluma por la emancipación no sólo sexual sino también moral e intelectual de la mujer de la época los valores que merecen nuestra atención” (Os Editores).

 A incorporación desta novela, xunta coa anterior a esta crónica, está motivada por dúas razóns fundamentais: a primeira, polo protagonismo da MULLER en cada unha delas, e a segunda, porque en ambas as dúas, Galicia está presente de xeito determinante. E unha terceira, local, se se quere, porque a celebración da tradición festiva serve de alicerce para o desenvolvemento de ambas as  dúas narracións. No caso anterior o San Cibrao ou festas do setembro en Vilamorta; no caso  de Insolación o Santo Isidro madrileño con Vigo ao lonxe.

 El Cisne de Vilamorta, aínda que se desenvolve totalmente en “Vilamorta” e bisbarra, parte dos  protagonistas principais están de a cabalo entre a corte madrileña e as súas raíces por aquí na Terra, tal e como vimos de prsentar.

 Por outro lado, Insolacióné un exemplo do cosmopolitismo da cidade madrileña, por tratarse da capital do reino e  o centro urbano arredor do cal xiran a maioría das decisións políticas. Por iso era importante contar cos altavoces necesarios na metrópole para que, na medida do posible, chegasen as peticións da periferia aos centros de poder. Así é como a protagonista feminina Asís Taboada, se ve viúva cunha filla en Madrid, cos preparativos para escapar á cidade olívica.

 “ A Asís le habían cumplido cuantos caprichos puede tener en un pueblo como Vigo una niña rica, huérfana de madre, y única. A los veinte años de edad asistiendo  a todos los bailes del Casino, a todos los paseos en la Alameda, á todas las verbenas y romería de Cristos y Pastoras, visitando todos los buques de todas las escuadras que fondeaban en el puerto. Así no había hecho cosa esencialmente mala…Por entonces le entró al papá de Asís, acaudalado negociante, la ventolera de las contratas acompañada naturalmente de la necesidad de metersen política: tuvo distrito, y contrata va y legislatura viene, comenzó a llevarse á su hija á Madrid todos los inviernos, á dar una vueltecita –la frase sacramental-.Hospedábanse en casa de un primo de la difunta mamá de Asís, el Marqués de Andrade, consejero de Estado, porque Asís era fruto de una de esas alianzas entre blasones y talegas que en Galicia y en todas partes se ven tan a menudo, sin que tuerza el gesto ningún venerable retrato de familia, ni ningún abuelo se estremezca en su tumba”.

“Un derrame seroso cortó el curso de los días del buen consejero de Estado, y Asís quedó libre, rica, moza, bien mirada y con el alma serena.

“Pasaba en Madrid los inviernos, teniendo a su niña de medio interna en un atildado colegio francés, los veranos se iba a Vigo al lado de su papá..

 A viaxe, para escapar das tórridas calores madrileñas, vaise ir adiando ata o punto que non se culmina, a non ser que se cumpran os desexos da nova parella resultante da “formalidad cantábrica” representada por Asís e “el meridional”, Diego Pacheco, sobre cuxo personaxe, aquela non dubida en reprocharlle advertencias como estas. -¿De modo que no te avergüenzas de ser un hombre inútil, un mequetrefe, un cero a la izquierda?

 Pero, a elegancia e a palabrería de Pacheco, desborda a viúva con respostas enxeñosas e comentarios que a superan:

 –¿Y a ti que te importa, lucerito? ¿Soy inútil pa quererte? Has resuelto no enamorarte sino de tipos que mangoneen y anden agarraos á la casaca de algún ministro?…Si te empeñas en hacer de mí un personaje, una notabilidad…como soy Diego que te sales con la tuya. Dará días de gloria á la patria: ¿no se dice asi? …

 No había más remedio, que reírse de los dislates de aquel tarambana, y Asís lo hizo; al reírse hubo de toser un poco.

-¡Ea!  Ya te me acatarraste  -exclamo el gaditano consternadísimo. -Hágame usté el obsequio de ponerme algo en la cabeza …Así…tan desabrigada…¡Loca!…Si aciertas a enfermar me suicido.

 Son centos de diálogos deste estilo ou semellantes os que desconcertan as razóns pausadas e razonadas da viúva ata que finalmente deixa renderse diante a locuacidade e verborrea de Diego, que na opinión do narrador “Entre las condiciones de carácter de la marquesa viuda de Andrade, y de los gallegos en general, se cuenta cierto don de encerrar bajo llave toda impresión fuerte.Esto se llama guardarse las cosas, y si tiene las ventajas de evitar choques, tiene la desventaja de que esas impresiones archivadas y ocultas se pudren dentro”.

 Cando xa estaba soñando con ir cruzando o secarral dos campos de Castela e renegando en termos como: ¡Oh Castilla la fea, la árida, la polvorosa, la de monótonos aspectos, la de escuetas lontananzas! ¡Oh sombría mole, región desconsolada del Escorial, que felicidad perderte de vista! ¡Oh calor, calor del infierno, cuando a cabarás! [Non sei se Rosalía de Castro podía estar influíndo nesta opinión, cando en “Castellanos de Castilla” describe a esta :“Nin arbres que che den sombra/, nin sombra que preste alento…/Llanura e sempre llanura,/ deserto e sempre deserto..”

 O seu admirador Gabriel Pardo, comandante galego, na derradeira visita a Asís, non dubida en laiarse da mala sorte que esta vai correr da man de Pacheco

“-Ese andaluz es uno de los tipos que mejor patentizan la decadencia de la raza española,¡Qué provincias las del Mediodía, señor Dios de los ejércitos!¡Qué hombre el tal Pachequito! Perezoso, ignorante, sensual, sin energía ni vigor, juguete de las pasiones, incapaz de trabajar y de servir a su patria, mujeriego, pendenciero, escéptico a fuerza de indolencia y egoísmo, inútil para fundar una familia, célula ociosa en el organismo social…¡Hay tantos así! ….

 A pesar de todas estes presaxios, finalmente, digamos que o que triunfa é o amor sen prexuízos e a ledicia pensando en transladarse a Vigo os tres membros da familia que despois da voda : Le (referíndose ao pai) diré que después de la boda me presento diputado por Vigo con la ayuda del papá suegro. Verás tú. Para despabilar un asunto me pinto solo…cuando el asunto me importa, ¿sabes?

 Diego: -Reina de España!.

 Asís: -En Vigo…, ya sabes…formalidad.

Diego: Hasta que el cura…Entretanto me dedicaré a tu chiquilla.¿Eh , a los dos días …te la he conquistao. Puede que te deje plantaíta a tí pa casarme con ella. 

 Para pechar o “precontrato”, Diego lembra as verbas da xitana que nas andanzas polas festas do patrón santo Isidro, no momento de botarlle a boaventura engadiu imitando o acento e modais daquela:

 –Una cosa diquelo yo en esta manica, que hae suseder mu pronto y nadie saspera que susea…Un viaje me vasté á jaser, y no aé ser para má, que aé ser pa satisfasión e toos…Una personiya está chalaíta por usté…

El gaditano, siempre presumido, agregó:

-Y usté por ella.   

 En relación con esta palabrería e capacidade de convencemento do “Meridional”, temos que recoñecer a extraordinaria habilidade de dona Emilia no coñecemento, non só do idioma oficial por aquel entón, o castelán, na súa variante literaria máis culta, senón tamén das variantes dialectais, en particular do andaluz, que brota da lingua afiada do protagonista masculino principal, Pacheco, así como da espontaneidade das xitanas cando interveñen para botarlle a boaventura a dona Francisca, nesa xerga ou caló propio do pobo xitano.

 Non hai dúbida que, ademais da mensaxe moderna de liberación da muller, solteira ou viúva, dª Emilia tamén tiña sobrada sabedoría para quitarlle dramatismo á situación e recreala con certa ironía e humor refinados. Así, desde o mesmo título da novela, INSOLACIÓN, [A RAE defínea como “malestar o enfermedad producidos por una exposición excesiva a los rayos solares”) queda  quizais desimulado o tema para evitar a censura. Porque, efectivamente, algo de sol e alcool puideron contribuír a crear ese estado de ánimo tan “sorprendente”, de dona Francisca, pero en realidade o que se estaba producindo era un xiro radical na súa vida da ata agora viúva monacal. Mesmo se podería cualificar a súa evolución de “delirante” ata que a intervención de Pacheco consegue sacala dese val de bágoas. Incluso recorrendo ao alcool e ignorando todos os prexuízos da sociedade clasista madrileña e galega, ata mergullarse nos ambientes máis populares da cidade: Las  Ventas del Espíritua Santo ou a festa do Santo Isidro, patrón de Madrid, que, como na actualidade se celebra con grande alborozo na “Pradera” . [Paradoxos da vida!: no ano 1936, o fillo e un neto de dona Emilia foron asasinados nese mesmo lugar polos milicianos defensores da República].

“Una marea de gente, que también descendía hacia la pradera, rodeaba el coche y le impedía a veces rodar. Entre la multitud dominguera se destacaban los vistosos colorines de algún bordado pañolón de Manila, con su fleco de una tercia de ancho. Las chulas se volvían y registraban con franca curiosidad el interior de la berlina. Pacheco sacó la cabeza y le dijo a una no sé qué”.

 Así, con estas e outras lindezas neses diálogos áxiles e intelixentes que só podían brotar dun espírito libre e alegre, como o do meridional, e unha interlocutora comedida, as posturas vanse achegando ata ese final feliz que cada quen deberá descubrir da man de dona Emilia.

 Neses diálogos nada escapa aos afectos dos amantes e á intención da autora. Así, diante situacións planteadas por Francisca como a da súa biografía e a sempre polémica cuestión de idade entre eles -incluso na actualidade non superada-:

 Pacheco: ¿La vida anterior? ¿Los gustos? ¿Las amistades? ¿La edad justa, justa, por meses, días y no sé si horas?

 Asís: Pues yo soy más vieja que tú, -murmuró pensativa, así que el gaditano hubo declarado su fe de bautismo.

Pacheco: ¡Gran cosa! Será un añito, o medio.

Asís: No, no, dos lo menos. Dos, dos.

Pacheco:  Corriente, sí, pero el hombre siempre es más viejo, cachito de gloria, porque nosotros vivimos ¿te enteras? Y vosotras no. Yo, en particular, he vivido por una docena. No imaginarás diablura que yo no hubiera catado. Soy maestro en el arte de hacer desatinos.¡Si tú supieses algunas cosas mías!

[…]

Asís: Por lo visto eres todo un perdis, buena alhaja.

Pacheco: ¡Quía! …¿Perdis yo? Di que no, nena mía. Yo galanteé a trescientas mil mujeres, y ahora me parece que no quise a ninguna.

 -No solo no se me puede llamar vicioso, sino que si me descuido acabo por santo…

-Yo no secuestro más que a las hembras de tu facha…

-Un¿Un cariño a tu rorro?  

Despois dunha longa serie de cuestións, a ironía de Asís -quizais por galegas?, a autora e a protagonista-:

Vamos, que eres la gran persona …

A sinceridade ou cinismo do meridional non deixa lugar a dúbidas nalgunhas cuestións, incluso na cuestión política:

-Pacheco: No lo sabes bien. Eso es como el Evangelio. Yo quisiera saber pa que me ha echado Dios a este mundo…No hago cosa de provecho, ni ganas de hacerla. ¿A qué? Mi padre, empeñao el buen señor en que me luzca y en que sirva al pais, y dale con la chifladura de que me meta en política, y tumba con que salga diputao, y vaya  a hacer el bu al Congreso…¡En el Congreso yo! A mí, lo que es asustarme, ni el Congreso ni veinte Congresos me asustan. La farsa aquella no me pone miedo…No me he tomado nunca trabajos así enormes, como no fuese por alguna mujer guapa…Eso porque tanto se descuaja la gente, no vale los sudores que cuesta. En cambio…¡una mujer como tú…!

 Pois así, deste xeito, no que brilla a axilidade expositiva da autora nos diólogos, que mesmo poden resultar traxicómicos, vanse arrimando posturas e superando prexuízos, ata que mediada a novela ela mesma vai recoñecendo certos cambios despois dalgún encontro “sensual”, no que ela, chega a recoñecer como que: –Lo que pasa es que gusta, que me va gustando cada día un poco más, que me trastorna con su palabrería… y punto redondo. Dice que yo le he dado bebedizos y hierbas…Él sí que me va dando á comer sesos de borrico…y nada, que no me desenredo. Cuando se va, reflexiono y caigo en la cuenta; pero en viéndole…acabóse, me perdí.

 A voz do narrador-autora? tamén aproveita para valorar “este lindo mosaico de gracias y méritos del adorador (Pacheco). La pasión con que requebraba; el donaire con que pedía; la gentileza de su persona, su buen porte, tan libre del mero conato de gomosería impertinente como de encogimiento provinciano; su rara mezcla de espontaneidad popular y cortesía hidalga; sus rasgos claverescos y humorísitcos unidos á cierta hermosa tristeza romántica (conjunto, dicho sea de paso, que forma el hechizo peculiar de los polos, soleares y demás canciones andaluzas), eran otros tantos motivos que la dama se alegaba a sí propia para excusar su debilidad y aquella afición avasalladora que sentía apoderarse de su alma. Pero al mismo tiempo , considerando otras cosas, se increpaba ásperamente.”

 Nestas consideracións están narrador e protagonista cando despois da separación nocturna, esta  declara: “Estos andaluces nacen actores…Juicio, Asís, juicio….Para estas tercianas, hija mía, píldoras de camino de hierro y extracto de Vigo, mañana y tarde, durante cuatro meses. ¡Bahía de Vigo, cuándo te veré!

 El airecillo de la noche, burlándose de la buena señora, compuso  con sus susurros delicados estas palabras:

-Terronsito e asúcar… gitana salá.

 Con estes vimbios, creo que queda abondo artellado o culeiro e o mulido que habia de servir aos vendimadores para o carrexo polas empinadas abas da contorna de Banga, Cabanelas, Albarellos…ademais do convencemento da protagonista para retardar a viaxe desexada á cidade olívica.

 Por aquel entón, as familias fidalgas, nos seus desprazamentos fóra do pazo, vila ou cidade, tiñan por costume verse asistidas dun amplo servizo domestico. Asi que, no caso de dona Francisca non ía ser menos, e desde o comenzo está presente unha luguesa chamada Ángela (por mal nombre La Diabla). Con este alcume xa queda todo dito para o lector/-a  avezado/-a, e algunha curiosidade nos diálogos entre ama e criada, cando desde o primeiro intre se apreza que non é só a calor asfixiante madrileña a que motiva o estado de ánimo daquela.

Asís: –Tiene razón La Diabla: ayer atrapé un soleado, y para mí, el sol…matarme.¡Este chicharreo de Madrid! ¡El veranito y su alma! Bien empleado, por meterme en avisperos. A estas horas debía yo andarme por mi tierra..

-De todos modos, confiesa Asís, si no hubiese tomado más que sol …Hija de mi corazón, lo que no sucede en un año sucede en un día. No hay que darle vueltas. Tú has sido hasta la presente una señora intachable [xustificándose a si mesma]; bien: una perfecta viuda; conformes: te has llevado en peso tus dos añitos de luto (cosa tanto más meritoria cuanto que, seamos francos, últimamente ya necesitabas alguna virtud para querer a tú tío, esposo y señor natural, el insigne marqués de Andrade, con sus bigotes pintados y sus alifafes…has consagrado largas horas al cuidado de tu niña y eres madre cariñosa; nadie lo niega: te has propuesto siempre portarte como una señora, … te descuidaste un minuto… incurriste en una chiquillada…No andemos con sol por aquí y calor por allá. Disculpas de mal pagador…¡Te luciste! 

  Velaí quedan algunhas das reflexións iniciais da protagonista ata o imprevisto desenlace final.

 Como resultan interminables todas estas consideracións, e non se trata de reproducir aquí cada unha das dúas novelas, e despois destas pegadas, só se me ocorre suxerir a lectura das dúas, ou, incluso a terceira: Los pazos de Ulloa, que, como foi o caso de dona Emilia, outros autores galegos escribiron en castelán pero de temática eminentemente galega, como os ben coñecidos G.Torrente Ballester ou Camilo J. Cela, a  modo de exemplos recoñecidos, sen que isto se entenda como menosprezo  da obra en castelán doutros maís modernos.

  Sobre Los pazos de Ulloa tense apuntado que a contorna dos pazos da familia consorte da autora, entre eles o de Banga ou o de Catasós, puideron servir de inspiración para a configuración desta novela, considerada como exemplo do naturalismo na literatura española, na que se traza un retrato abondo descarnado do mundo rural galego do momento e a decadencia da sociedade fidalga.

 Así, se o título INSOLACIÓN reflicte o ambiente familiar de parte da burguesía viguesa asentada na cidade de Madrid, e El Cisne de Vilamorta pode serun exemplo de transición entre a sociedade rural e fidalga ribeirá e a semiurbana dos “vilamortanos” en competencia con outra máis desenvolta, a madrileña, Los pazos de Ulloa é a mostra máis crúa do mundo rural, onde todo se resolve á luz de crenzas superticiosas, usos e costumes un tanto irracionais, no que o amo-fidalgo (Pedro de Moscoso, marqués de Ulloa, ou Manuel Pardo, señor de la Lage, pai da que vai ser a muller de Moscoso) e colaboradores (Primitivo) deciden sobre a vida das persoas que están ao seu sevizo e conveniencia, tanto no material como no afectivo.

 Tanto é así que algunhas das persoas que estarían fóra dese círculo endemoniado vense superadas polas circusntancias e non son capaces de saír del. Así , o medo e o misterio sobrevoan o pazo:

”¡Señorita! –exclamó dolorosamente Julián- ¡Eso es contra la fe! No debemos creer en aparecidos y en brujerías.

-¡Si yo creo! –repuso la señorita riendo nerviosamente– ¿Usted se figura que soy como el ama, que dice que ha visto en realidad La Compaña, con su procesión de luces allá a las altas horas? Nada he dado crédito a paparruchas semejantes; por eso digo que debo de estar enferma, cuando me persiguen visiones y vestiglos…

Julián reflexionaba en la rara coincidencia de los terrores de Nucha y los suyos propios; y pensando alto, prorrumpí

-Señorita, también esta casa…, vamos, no es por decir mal de ella, pero…es un poco mediosa. ¿No le parece?

 Ou sería un presaxio do desenlace, cando na presentación, o narrador nos informa que o señor de la Lage, que vivía en Santiago, manifesta que:

-Encontrará usted a mi sobrino (Pedro Moscoso, que logo casará, previa dispensa, coa súa curmá, Nucha, filla de Manuel Pardo de la Lage) bastante adocenado...La aldea, cuando se cría uno en ella y no sale de allí jamás, envilece, empobrece y embrutece.

  Como entenderán os sempre avezados lectores, este modesto cronista non pretende dar leccións a ninguén sobre lecturas recomendadas ou recomendables. Nesta ocasión, todo xurdiu froito da casualidade, que, como xa indiquei, foi como chegou ata min esta novela da Condesa, INSOLACIÓN, que eu entendo xenial, independentemente das simpatías ou antipatías con respecto á súa persoa e á súa obra. Así, simplemente manifestarei unha óptima opinión a respecto daquela porque teño a sospeita que non debe ser moi coñecida a nivel xeral, pero  coido que moi interesante desde o punto de vista ideolóxico, literario e bibliográfico.

 Por outra banda, á parte de que Galicia está sobrevoando en todo momento como lenzo de fondo nas tres novelas, tamén o está o da  benigna climatoloxía, tan socorrida, como vemos de vello, e que neste período estival de 2024, sexa polo cambio climático ou por esnobismo, estamos a ser considerados como refuxio-edén, fronte ás calores abafantes da Meseta.  

 Se a todo isto engadimos o recurso literario do espazo/ambiente festivo da novela no que a esmorga do Santo Isidro  en Madrid, a vendima en Vides e o San Cibrao/ Setembro en Vilamorta, estamos en condicións de avaliar positivamente a oportunidade das liñas que preceden. Se non se entende así; desculpas pola intromisión, pero que as festas resulten prodixiosas. Abur!

 Seguramente que alguén botará en falta algunha referencia á exclusividade de Dª Emilia polo uso do castelán como lingua literaria, cando a temática das súas novelas é maioritariamente galega. Pois ben, si que é certo que cando hai unha mínima alusión aos poetas coetáneos a ela e á lingua galega, galegos que nese momento estaban en pleno esplendor poético polo Rexurdimento (Rosalía, Curros, Pondal), todo hai que dicilo, a Pardo Bazán é novelista, mentres que aqueles son todos poetas, pero, non se manifesta demasiada afinidade, maís ben ao contrario. De feito, Curros Enriquez (1851-1908), nacido no mesmo ano, ou os de 1835, 1837, respectivamente Pondal e Rosalía, practicamente foron ignorados por ela, e Curros, ao que fai referencia no Cisne de Vilamorta, cando publica n´O Divino Sainete en 1888, nun dos cantos a narradora aparece reflectida como envexosa e negando a existencia da nova literatura en galego: “Dígame, miña señora: /É certo que n´a súa terra/ Renace a poesía agora?/ Boubas que ceiban ó vento/ Catro soñadores tolos…¡Non ll´hai tal renacemento!

 Por M. Murguía, marido de Rosalía, tamén dª Emilia fora obxecto de críticas, e algúns investigadores exprésano deste xeito:”Era España, y en concreto Madrid, donde no dejó nunca de ejercer de gallega –y de neta y clara nacionalista española-”

 Nunha das pasaxes da novela “El cisne de Vilamorta”, cando se atopan no pazo de las Vides (Banga), e coincidindo cun momento de lecer, ao solpor, e de reflexión sobre a actividade poética de Segundo García, namorado de Nieves, o narrador/autora aproveita para facer unha reflexión sobre tal cuestión, pero, como diciamos, quizais non estaría de máis que aquí mentase de xeito explícito a Rosalía cando esta xa levaba publicadas dúas das obras máis senlleiras da literatura galega (Cantares gallegos, 1863 e Follas Novas, 1880), o que dá a un que pensar. Mentres que, quizais pola ocasión ou ironicamente se lembra de Curros Enriquez “para entonar aquella popularísima y saudosa cántiga de Curros, que parece hecha para las noches druídicas , de lunar” (Evidentemente trátase de “Unha noite na eira do trigo.…)

 Nese tempo, a lingua galega (literaria), agás na fala, case quedara reducida á lirica. É nesa mesma pasaxe cando emprega o termo “dialecto” para referirse á lingua galega porque, naquel entón, a situación do idioma era moi diferente á actual, de tal maneira que o que non fose castelán oficial era considerado como dialecto, á marxe de que este concepto levase implícito a consideracón de lingua de segunda, discriminada, ou lingua B, en situación diglósica, ou porque a gramática histórica aínda non aclarara con determinación a orixe de determinadas linguas romances como por exemplo a galega, entre outras, de orixe latina.

O Carballiño, polas festas do setembro de 2024

Xulio Dobarro Ferradás


Outros artigos de Xulio Dobarro

Xulio Dobarro: “O IRIXO-CUSANCA (San Cosme e Damián) EN FESTAS: 24 E 25 DE AGOSTO”

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo: polas festas do “quince” e o san Roque”

Xulio Dobarro. “O Irixo:Corneda polo señor Santiago (25) e “Os Dolores” (28) (2024) “

Xulio Dobarro. “O Irixo: pola Santa Mariña de Loureiro, a Cidá … e Zobra (18 de xullo)”

Xulio Dobarro. “O Irixo: San Pedro de Dadín e o Regueiro-San Pedro Fiz da Espiñeira e romaría da Virxe do Carme na Pena da Sela”

Xulio Dobarro. “O Irixo: polo San Xoán de Froufe e a Alén senlleira”

Xulio Dobarro. “O Irixo : da terra de Cusanca sesquimilenaria ao santo Antón do Telllado-2024”

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo do Camiño Nós e as estremas coas terras dezás e Dadín.

Xulio Dobarro: “O Irixo. A Ponte, a capela d´a Fatima e o Camiño Nós”

Xulio Dobarro: “Celebración da festividade de San Marcos no Concieiro-Corneda-O Irixo “

Xulio Dobarro: “O Irixo. Na estrema do Pico Seco. lembranzas e presentes “

Xulio Dobarro: “O Irixo: Parada de Labiote, Basilio Álvarez e San Bertolameu”

Xulio Dobarro: “O Irixo: xúbilo dos “guillotes” ou riadaguenses. A garda civil restitúe o ladroízo, coincidindo coa festa do San Lourenzo”

Xulio Dobarro:”O Irixo-Corneda : festas na honra da “Santísima Virxe das Dores” e outras devocións”

Xulio Dobarro: “O Instituto de Estudios Carballiñeses na cimeira das publicacións en lingua galega en Galicia”

Xulio Dobarro: “O Tellado (parroquia de Cusanca, O Irixo) feira bicentenaria”

Xulio Dobarro: “A Pena da Sela, romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín)

Xulio Dobarro: “O Irixo : as pegadas dos ferrocarrís”

Xulio Dobarro: “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro-Corneda e outras ermidas”

Xulio Dobarro: “O Irixo: Cangues (Santo Estevo), parroquia cativa, pero senlleira “

Xulio Dobarro: ” O Irixo. Patrimonio Mineral “

Xulio Dobarro. O Irixo : Froufe: das raíces en Cebral,Toro na Alén e Cotela en Parteme

Xulio Dobarro. O Irixo: Francisco Ferradás da Pena, ágrafo, mais, filántropo-promotor da primeira escola do concello (1828)

Xulio Dobarro: “O Irixo, miscelánea sobre patrimonio inmaterial”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: Requiem por un patrimonio morredizo”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: O ano do Bosque “

Xulio Dobarro: ” Reloxos de sol, cruceiros e inscricións varias no Irixo “

Xulio Dobarro: U-los castros do Irixo?

Xulio Dobarro: Escolma artesanal-Oficios varios III

Xulio Dobarro: Escolma artesanal II

Xulio Dobarro: Outono de vida e morte

Xulio Dobarro: Escolma artesanal

Xulio Dobarro. O Irixo: A Pena da Sela plató de “Carballeira” -Tvg: fusión de tradición e modernidade.

Xulio Dobarro. “O Irixo: “trabucos” e “remesas” sen retorno”

Xulio Dobarro: “O Irixo: augas, fontes e seca “

Xulio Dobarro: “O Irixo: auga e lume confrontados. tradición (culta) e popular”

Crónica de Xulio Dobarro: O monte de Saavedra (o Irixo):”o Penedo dos Corvos”: un ben cultural e natural calcinado

Ao pé do Viñao (o Irixo) e o Arenteiro

Carmen Conde Abellán, afectos e saudades galegos (Dadín-O Irixo)

O Tellado (parroqia de Cusanca, O Irixo) Feira bicentenaria

A Pena da Sela, Romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín )

O Irixo-Dadín, berce da poeta Carmen Conde Abellán, mártir, heroína e primeira muller en sentar na R.A.E.

O Irixo: Corneda castrexa,señorial e dona de seu

O Irixo. maio florido, maio festivo :da Fátima ao Tellado

O Irixo: a Fraga-San Cosme de Cusanca plató de cine de…

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” II

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” I

O Irixo: ” Un vindeover no cadabullo ( I ) “

O Irixo, escaparate centenario da emigración

O Irixo: construcións adxectivas ou complementarias da casa vivenda e outras obras (IV)

O Irixo: Construcións do pagán ao Sagrado: Igrexa, Capela,Reitoral, Cruceiro…(III parte).

O Irixo: A casa-vivenda e a nosa contorna. Construción tradicional (II parte)

O Irixo: A terra dos mil cincocentos hórreos, muíños e fornos. Construcións Tradicionais (I)

O Irixo, unha inmensa fraga, fonte de osíxeno e depósito de dióxido de carbono

O Irixo: dous camiños de ferro “paralelos”.”crónica dunha morte anunciada”

Xulio Dobarro: “Penedo da Ucha – Crónica”

Xulio Dobarro fai a crónica da andaina solidaria “Camiña pola Igualdade” que tivo lugar este sábado no Irixo

O Irixo: andaina :”Camiña pola Igualdade”. roteiro: “O Campo Grande”

Jesús González González (Saavedra-O Irixo,1917; Señorín-O Carballiño,1996).Mestre Canteiro-Escultor

O Irixo: Saavedra de Dadín Introito ” Entre Maus”

O Irixo: alcaldes en democracia (1979-2021)

O Irixo: A feira do Tellado. Unha feira

O Irixo: Ramo lírico ( III )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( II )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( I )

O Irixo – San Pedro de Dadín: Romaría da Pena da Sela

O Irixo: parroquia a parroquia (XII): O Regueiro

O Irixo: parroquia a parroquia (XI): Reádigos

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (II)

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (I)

O Irixo: Parroquia a Parroquia (X): Parada de Labiote

O Irixo: Parroquia a Parroquia (IX): Loureiro.

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VIII): Froufe. Do Solleiro Subirol ao Avesío Cebral

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VII) (A Espiñeira ): ”Na Estrema”

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VI)(Dadín): ”Entre Vías”

O Irixo. Parroquia a Parroquia (V) : Cusanca, Terra de fronteira

O Irixo. Parroquia a Parroquia(IV): Corneda

O Irixo. Parroquia a Parroquia(III): A CIDÁ

O Irixo. Parroquia a Parroquia(ii): Cangues

O Irixo. Parroquia a Parroquia(i): O Campo

O Carballiño-O Irixo ou “Camiño Nós” “no camiño de San-Yago”: presentación e segunda etapa

Na chegada ao Irixo da primeira locomotora .ano 1958

Inauguración da liña do ferrocarril O Carballiño-O Irixo-Santiago

Sobre apelidos e topónimos no concello do Irixo

Microtoponimia ou nomes dalgúns eidos na parroquia de Dadín (O Irixo)

Proposta de normalización da toponimia das parroquias e lugares do Irixo

De Santo Estevo de Ribas de Sil con Emilio Duro Peña a María Oruña con o “Souto dos catro ventos”.