Juan Carlos Fernández renuncia á súa acta como concelleiro en Ribadavia e solicitará a baixa no PP

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

COMUNICADO DO PP

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

·        O edil comunicou a súa decisión ao alcalde e presidente da agrupación local, con fin de non danar a imaxe do concello, do goberno local e do partido

18, setembro, 2024. O concelleiro de Servizos de Ribadavia, Juan Carlos Fernández, vén de presentar un escrito no rexistro municipal no que comunica a súa renuncia aos seus cargos no goberno local e á súa acta como edil.

Juan Carlos Fernández informou previamente da súa decisión ao alcalde, César Fernández Gil. O ata agora concelleiro entende que se trata da mellor decisión para non danar a imaxe do concello e do propio goberno municipal, dada a situación xudicial na que se atopa.

Tamén polos mesmos motivos, Fernández presentará a súa solicitude de baixa no Partido Popular, afirmando que desexa ter toda a liberdade necesaria para afrontar esta situación e demostrar a súa inocencia, coa máxima colaboración coa xustiza.