Xunto ao alcalde, Manuel Fernández Movilla, o presidente provincial visitou algunhas das obras que se executan mediante a colaboración provincial en Baños de Molgas, como a rexeneración do firme en Presqueira (45.100 euros), que tamén inclúe Nogueira de Abaixo
Estímase que coa financiación do Plan CooperOU e outras achegas, Baños de Molgas disporá neste mandato de máis de 1 millón de euros de fondos provinciais para obras e servizos
Baños de Molgas, 17 de setembro de 2024.O presidente provincial, Luis Menor, realizou esta mañá unha visita ao concello de Baños de Molgas, acompañado polo seu alcalde, Manuel Ángel Fernández Movilla, e membros da Corporación. O obxecto da visita, tal e como está a realizar Luis Menor noutros municipios, é comprobar o grao de execución ou mesmo o resultado das obras levadas a cabo nas entidades locais grazas á colaboración provincial.
Menor constatou deste xeito “a boa saúde da cooperación cos municipios” tras supervisar a execución das obras financiadas pola Deputación, desta volta a mellora de vías municipais coa rexeneración do firme en Presqueira, que se estenderá tamén á localidade de Nogueira de Abaixo (45.100 euros).
Unha obra que se enmarca nos plans do Goberno local para dotar de mellores accesos e acondicionar rúas en todos os pobos do municipio.Os traballos de mellora en vías locais tamén se executará en Almoite (23.500 euros) e San Pedro de Ribeira (12.200 euros).
Ademais tamén figura dentro do Plan CooperOU o bombeo en San Pedro de Ribeira (30.947,39 euros); a contratación de persoal para limpeza de marxes viarias ou traballos medioambientais (43.300 €); e a organización de actividades culturais e xuvenís (19.872,10 €).
Trala visita, Luis Menor mantivo un encontro de traballo co alcalde no que analizaron estes investimentos, aos que se suman outras achegas dispostas pola Deputación para a optimización enerxética do alumeado público (40.000 euros) o a humanización de rúas en Suatorre e Meaman (60.000 euros).
Neste sentido, o presidente provincial destacou que neste ano Baños de Molgas recibirá 182.919,85 € no marco do Plan CooperOU, programa que ao remate do mandato alcanzará os 793.869,28 euros.Estímase que coa financiación do Plan CooperOU e outras achegas, Baños de Molgas disporá neste mandato de máis de 1 millón de euros de fondos provinciais para obras e servizos