O PPdeG reivindícase como a opción “maioritaria” nas cidades galegas e a única garantía de “gobernos centrados en gobernar para a maioría”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta semana reuniuse o Comité de Cidades do partido, encabezado pola secretaria xeral Paula Prado e o coordinador deste órgano e alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

●         Os populares galegos recordan que nas eleccións municipais “a maioría dos veciños de Galicia dixeron que querían un goberno do Partido Popular, aínda que os pactos de perdedores entre PSOE e BNG evitaron esa opción en máis dunha urbe”

●         Paula Prado: “Somos maioría os que rexeitamos os gobernos que, como o de Sánchez e os seus, só miran para uns mentres agravian a outros e só se poñen de acordo o primeiro día e logo botan catro anos enfrontados”

●         José Manuel Rey Varela: “Queremos ofrecerlle a todos os veciños unha opción de maioría e non caer en mans das minorías que, como co Goberno central, provocan unha falta de investimento nas nosas cidades”

18 de setembro de 2024. O Partido Popular de Galicia reivindícase como a opción que os galegos “votaron maioritariamente en cinco das sete cidades” da nosa Comunidade nas pasadas eleccións municipais e como “a única garantía de ter gobernos centrados en gobernar e non pactos de perdedores nin alianzas centradas en permanecer a toda costa no poder”.

Así o reiteraron esta semana os populares galegos na reunión do seu Comité de Cidades, que estivo encabezada pola secretaria xeral Paula Prado, e o coordinador deste órgano e alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela; e na que tamén participaron representantes do partido en Vigo, A Coruña, Ourense, Santiago de Compostela, Lugo e Pontevedra.

Unha convocatoria que estivo centrada en analizar a situación nas sete cidades galegas e revisar a folla de ruta para os vindeiros meses logo de transcorrer xa máis dun ano despois das últimas eleccións municipais, nas que, tal e como recordou Paula Prado, “a maioría dos galegos dixeron que querían un goberno do Partido Popular, aínda que os pactos de perdedores entre PSOE e BNG evitaron esa opción en máis dunha urbe”.

A secretaria xeral do PPdeG constata que, 16 meses despois destes comicios, certifícase que “esas cidades están demandando un cambio”. É o caso de Lugo, que “nin sequera ten a mesma alcaldesa e segue a sufrir un enfrontamento continuo no seo do bipartito”; da Coruña, cun PSOE “arrinconado polas tramas de urbanismo e a inseguridade cidadá”; ou de Santiago, que o BNG “segue convertendo no seu reduto de sectarismo a pesar d contar só con seis dos 25 concelleiros”.

Pola contra, Ferrol, cunha maioría do Partido Popular, “vai vento en popa, gañando poboación e atendendo día a día o que demandan a maioría dos veciños”. De feito, é a cidade que Prado sitúa como exemplo da diferenza entre “ter gobernos centrados en gobernar e aqueles centrados en permanecer a toda costa no poder”.

“Somos maioría os que non cremos a Sánchez e aos seus, que só miran para Cataluña mentres agravian a Galicia con cuestións tan importantes como as nosas infraestruturas, e os que rexeitamos os gobernos que só se poñen de acordo o primeiro día e logo botan catro anos enfrontados”, concluíu extrapolando a situación das cidades de Galicia co que acontece a nivel nacional.

REY VARELA: “SOMOS A ÚNICA ALTERNATIVA SERIA E DE MAIORÍA”

Nesta mesma liña se manifestou o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, reiterando a diferenza “entre ter un proxecto maioritariamente ou unirse para ostentar o poder a calquera prezo, incluso cando isto acaba prexudicando ás cidades e aos seus veciños”.

De aí que considere importante traballar de xeito coordinado entre as sete cidades galegas “para ofrecerlle a todos os veciños de Galicia unha opción de maioría e non caer en mans das minorías que, como co Goberno central, provocan unha falta de investimento na Comunidade no seu conxunto e nas nosas cidades en concreto”.

“O traballo que temos por diante é constituírnos como a única alternativa seria que siga conectando cos galegos e contando co seu apoio maioritario”, concluíu.