O stand de ‘Galicia sabe a mar’ levará a Leiro os sabores das nosas rías

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A furgoneta da campaña da Xunta ‘Galicia sabe a mar’ desprazarase mañá, sábado, ata o municipio de Leiro, despois da visita realizada hai dúas semanas á vila do Arenteiro, co obxectivo de animar á cidadanía a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor aos profesionais da pesca e do marisqueo. Esta iniciativa foi posta en marcha este ano con catro ‘foodtrucks’, unha delas será a que se sitúe mañá na praza Luis Hermida de Leiro, en horario de 12,30 a 13,30 pola mañá, e de 17,00 a 22,00 pola tarde, e nela poderán degustarse varios petiscos elaborados por cociñeiros expertos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Un destes cociñeiros, Martín Medina, explicounos as rutas realizadas e o tipo de petiscos da degustación.