Onte quedou inaugurada a Exposición “Manuel Chamoso Lamas na mirada” que organizan conxuntamente o Centro de Estudiso Chamoso Lamas e o I.E.S. Manuel Chamoso Lamas.
Ao acto asistiron o alcalde e concelleiras do grupo de goberno municipal, o director e profesores do IES Chamoso Lamas, promotor da iniciativa, e o presidente e integrantes do Centro de Estudios Chamoso Lamas, colaborador da mostra.
Con este protocolario acto e a visualización da Exposición, preténdese dar a coñecer a actividade a prol do noso Patrimonio promovida por este senlleiro persoeiro así como o seu vencello e compromiso con estas súas terras, coa súa cultura e coas súas xentes.
Trinta paneis con fotografías antigas e actuáis de excavacións arqueolóxicas, monumentos e lugares que conforman unha boa parte do Patrimonio cultural das comarcas do Carballiño e O Ribeiro, e no que Manuel Chamoso Lamas tivo unha intervención decisiva, poden verse na exposición.