O campo do Toralín acollerá este vindeiro domingo, dende as sete e media da tarde, o partido entre a Ponferradina e Club Deportivo Arenteiro e cunha importante presenza de seareiros verdes que se desprazarán ata as terras leonesas. Na expedición do equipo non estará Nacho Ramón, que caía lesionado de gravidade no encontro desputado o pasado domingo en Espiñedo e ao que se lle diagnosticou unha rotura completa do ligamento cruzado anterior no seu xeonllo. Asemade, a comitiva carballiñesa atoparase con vellos coñecidos, como Javi Rey, o exadestrador do Arenteiro agora dirixindo ao cadro do Bierzo nesta nova tempada, e xogadores como Esquerdo, Álvaro Ramón ou Yeray, antes no conxunto verde.
O adestrador do Arenteiro, Raúl Jardiel, apuntou que as claves do equipo son a esixencia, a confianza e a responsabilidade, e lamentou a grave lesión de Nacho, ademais de loubar a traxectoria de Rey e o xogo da Ponferradina. Escoitámolo:
A Ponferradina ocupa o 10º posto na Primeira Federación, cun partido gañado, dous empatados e un perdido, cun punto máis cá o Arenteiro, que ten catro e está no 16º lugar da táboa deste grupo primeiro da categoría, polo que un triunfo dos verdes no Toralín o domingo significaría un salto importante na clasificación.