Besteiro inicia en Celanova o ciclo “diálogos con raíz” centrado no reto demográfico, “o maior problema de Galicia” e un dos piares das políticas socialistas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O líder dos socialistas galegos critica o desleixo do goberno galego logo de 15 anos “de brazos caídos, sen presentar medidas decisivas e reais” para superar a crise demográfica

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Celanova, 21 de setembro de 2024. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, iniciou o ciclo Diálogos con Raíz centrado no reto demográfico, que constitúe “o maior problema de Galicia” e por iso é un dos piares das políticas e das propostas socialistas. Besteiro clausurou hoxe a primeira das xornadas do ciclo Diálogos con Raíz organizado polos socialistas galegos, que comezou centrada no Reto Demográfico precisamente en Celanova, unha das “zonas cero do despoboamento en España”, que é Ourense.

Criticou o desleixo do goberno galego en materia demográfica, logo de 15 anos de xestión “de brazos caídos, sen presentar medidas decisivas e reais para afrontar un problema de primeira orde”, cando Feijóo “miraba para outro lado mentres Galicia se partía en dous, a dúas velocidades”, cun modelo que “Rueda perpetúa”.

Sinalou que a Lei de Impulso Demográfico de 2020 demostrouse un fracaso ao ser concibida como un instrumento “claramente insuficiente” que nin sequera tivo o desenvolvemento necesario, limitándose a unha acción “para a galería”.

Máis dunha década de xestión do PP á fronte do goberno, dixo, “non serviu máis que para acentuar as diferenzas da Galicia de dúas velocidades”, ao desmantelar os servizos públicos no rural dividindo aos galegos “de primeira e de segunda”. Reivindicou que “cada galego e galega, cada cidadán de cada pobo e de cada cidade, debe ter os mesmos dereitos e liberdades, e o goberno autonómico ten a obriga de garantir que así sexa”.

Dixo que o Reto Demográfico constitúe unha prioridade para a acción política dos socialistas galegos, por canto “demografía, economía e territorio sostible van da man”. Salientou que “estamos a traballar para que o noso rural sexa un territorio de esperanza, sen esquecer que as cidades e o rural son vasos comunicantes”, e advertiu que “defenderemos os servizos públicos que a Xunta elimina”.

Cohesión territorial

Aproveitou a súa intervención en Celanova para defender a fixación de poboación no rural, que permite “manter a cohesión territorial”, manter o coidado do territorio por exemplo fronte aos incendios forestais e garantir a eficiente distribución de servizos. Reclamou o fortalecemento dos servizos públicos como elemento fundamental para vinculas ás persoas ao territorio, garantindo dotación de profesionais na sanidade e no ensino e o investimento na rede de transporte comarcal.

En cando ao modelo de financiamento, o responsable socialista cualificou de “imprescindible” coñecer a realidade do elevado número de pensionistas con respecto dos cotizantes, que fan de Galicia unha Comunidade Autónoma beneficiaria neta do sistema público de pensións. Advertiu así que o concerto fiscal propio “non ten sentido ningún”, ademais de que “resultaría un desastre económico para o país”.

Criticou o desleixo do goberno galego en materia demográfica, logo de 15 anos de xestión “de brazos caídos, sen presentar medidas decisivas e reais para afrontar un problema de primeira orde”. Sinalou que a Lei de Impulso Demográfico de 2020 demostrouse un fracaso ao ser concibida como un instrumento “claramente insuficiente” que nin sequera tivo o desenvolvemento necesario, limitándose a unha acción “para a galería”.

Máis dunha década de xestión do PP á fronte do goberno, dixo, “non serviu máis que para acentuar as diferenzas da Galicia de dúas velocidades”, ao desmantelar os servizos públicos no rural dividindo aos galegos “de primeira e de segunda”. Reivindicou que “cada galego e galega, cada cidadán de cada pobo e de cada cidade, debe ter os mesmos dereitos e liberdades, e o goberno autonómico ten a obriga de garantir que así sexa”.

Xornada

Besteiro foi o encargado de clausurar unha xornada que fora inaugurada polo alcalde de Celanova, Antonio Puga, e contou con dúas mesas de debate moderadas polo secretario provincial de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, e o alcalde de Entrimo, Ramón Alonso. Asistiron como ponentes o secretario xeral de Reto Demográfico do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Francisco Boya, ou o presidente da Cámara de Melgaço, Manuel Batista.

Tamén participaron a concelleira de Igualdade de Celanova, Teresa Barge, a investigadora do CSIC sobre iniciativas no eido rural, Carmen Martínez, a catedrática de Socioloxía da UDC, Laura Oso, e a catedrática de Historia da Economía da USC, María Xosé Rodríguez Galdo.

Os ponentes situaron o foco na estabilidade laboral, os dereitos para os traballadores e traballadoras, o acceso á vivenda, o custe da vida e a comprensión dos novos modelos de familia, ademais da chegada de inmigrantes, que “son parte de nós e fannos unha sociedade mellor”, como oportunidade para superar a crise demográfica. Reclamou actuar “con intelixencia” á hora de tomar decisións políticas en tódolos niveis e “en función da nosa realidade”.

A xornada comezou coa apertura da exposición fotográfica “Habitar o despoboado”, do fotógrafo Brais Lorenzo, no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova. O fotógrafo ourensán lembrou as súas raíces socialistas e chamou ao consenso político sobre o reto demográfico.