Berdomás e Mirón, vencedores do rallye Ourense – Ribeira Sacra

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Daniel Berdomás e Brais Mirón fixéronse co triunfo no Rallye Ourense Ribeira Sacra, novena proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da especialidade.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Berdomás e Mirón, no Skoda Fabia R5, sobrepuxéronse a unha xornada marcada pola inestabilidade climatolóxica e os percances de moitos participantes para sumar un valioso triunfo no autonómico de Rallyes e a victoria nesta carreira dentro do Supercampionato R5 Pirelli Recalvi.

Desta forma, e despois dunha fermosa loita, o segundo posto foi para Alberto Meira e Avelino Martínez, tamén nun Skoda Fabia R5.

Xa lonxe da loita pola victoria clasificáronse Javier Martínez Carracedo e José Antonio Barrán.

Completaron os cinco primeiros da xeral Álvaro Pérez e Manuel Estévez e Abel Pampillón e José Lage, no C2 e no Evo X, respectivamente.

Entre os participantes na Top Ten Pirelli Driver Autia C, victoria para Guillermo Martínez e Nacho Sayáns, seguido de Álvaro Castro e Isidro Rey e Gabri Gándara e David Fernández.

Precisamente, Castro Laiño e Rey foron os gañadores do Clio Trophy Galicia, con Gabriel Gándara e David Fernández e Marcos Sanromán e Álvaro Cerqueiras completando o podio.

Na Pirelli AMF, primeiro posto para Álvaro Pérez e Manuel Estévez. Jacobo Segade e Andrea Fidalgo foron segundos e Juan Carlos Pampillón e Cristian Álvarez.

Yago Martínez e Noel Claro venceron e proclamáronse campións do Dacia Sandero Eco Cup Galicia a falta dunha proba mentres que no Volante FGA o primeiro posto foi para Joaquín Pérez e Adrián Muñiz,seguido de Alexis Vieitez e Antía García e Alejandro Castro e Héctor Taboada.

Por último, no Criterium Recalvi, primeiro posto para Adrián Regueira e Sergio Fernández, con Yeray González e Xoel Álvarez segundo (primeiros Beca24) e Eliott Gómez e Moncho Seoane, terceiro.

A derradeira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia tera lugar no mes de outubro con motivo do Rallye San Froilán.