Estámolo bordando: Un espazo no que sempre podes máis do que podías

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
A soidade non desexada é un dos temas máis nomeados na actualidade. Unha realidade que está presente en calquera ámbito, tanto no rural como nas cidades, en maiores e xente non tan maior… 
Dende o CDR O Viso levamos a cabo unha serie de programas que loitan contra esta realidade, procurando apoio para todas aquelas persoas que precisan de axuda á hora de desenvolverse en sociedade. Un deles é o proxecto Biocoidados, centrándose na creación de novos modelos de coidados, e que ten moi presente que a cantidade e a calidade das relacións de amizade poden ser moi relevantes para enfrontarse á soidade non desexada.
Neste ocasión falámosvos do taller de bordado no que participan semanalmente persoas participantes de Biocoidados, e que, grazas á súa forza de vontade, crearon un lugar seguro, un sitio de confianza, unha escusa para saír desa soidade e relacionarse con novas amizades.
En especial, gustaríanos mencionar a Lourdes Sotelo, a predecesora que nos inspirou a crear o grupo de bordado e que nos agasallou cun cadro bordado por ela mesma con máis de 13.000 puntos de cruz; nel pódese ver o logo do proxecto que a acompañou e animou a introducirse nun grupo de bordado, o cal lle permitiu viaxar e abrir o seu círculo social.
Estas accións enmárcanse no proxecto Biocoidaddos: Novos modelos de coidados prestados pola comunidade, centrados na persoa, en contornas rurais; está vinculado ao Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 e financiado pola Unión Europea- Next GenerationEU. Promovido pola Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER).