Termatalia afronta a súa edición máis profesional apostando polo negocio no turismo termal e pola formación especializada, aos que se sumarán, como xa é habitual, a área expositiva e as actividades dirixidas ao público en xeral. A 22ª Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar celebrarase en Expourense os días 26 e 27 de setembro, convocando a expositores, maioristas de viaxes, expertos en termalismo e medios de comunicación de 25 países, ademais doutros 20 que acudiran de xeito virtual.
Esta nova edición de Termatalia foi presentada esta mañá en Expourense nun acto ao que asistiron o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; o delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo; o deputado de Turismo, Termalismo y Representación Institucional da Diputación de Ourense e presidente do INORDE, Rosendo Fernández; o vicerrector do Campus Auga-Universidade de Vigo, Francisco Javier Rodríguez Rajo; e o director xerente de Expourense e director de Termatalia, Rogelio Martínez.
Manuel Pardo encargouse de introducir o acto.
Todos os comparecentes destacaron que Termatalia é un perfecto exemplo de cooperación público-privada que contribúe a promocionar e posicionar o termalismo ourensán e galego no mapa internacional.
Rodríguez Rojo destacou a colaboración de Termatalia co Campus.
A 22ª edición de Termatalia preséntase como cita presencial e como gran punto de rencontro da comunidade termal internacional. Conta coa participación de 100 expositores (empresas representadas) de Europa, América e Asia, coa presenza directa de 25 países (Alemania, Arxentina, Bélxica, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Ecuador, España, Estados Unidos, Hungría, Israel, Italia, Lituania, México, Panamá, Polonia, Portugal, Rumanía, Serbia, Suecia, Suiza, Tailandia, Taiwán e Uruguay).
Unha alta participación, que valorou Rosendo Fernández.
Pola súa banda, Xosé Manuel Merelles, anunciou que se destinan 23 millóns de euros dos fondos Next Generation para o “Plan Territorial de Sostenibilidad Turística en Villas Termales y cascos Históricos” do que poderían beneficiarse máis de 50 concellos de Galicia.
Termatalia 2024 organizaou o Workshop de Contratación Turística máis completo e importante ata a data e contará coa presencia de 28 touroperadores que son líderes nos mercados dos sus países tanto a nivel de turismo especializado na saúde coma no turismo en xeral. De España participarán, entre outros, Halcón Viajes, El Corte Inglés, B Travel, Nautalia Viajes, Pangea, Centrotel, Azulmarino, Hotelbeds, Abies Travel, BRH Destination, Interrías, Inturismo, Karisma Incoming, Maxima Bienestar, Tourdiez, Toourmundial, Wellsbes y World to Meet. A estos súmandr axentes destacados do mercado portugués coma Vefa Travel o Viajes Abreu e outros axentes de Estados Unidos, Polonia, Alemania, Bélxica e Lituania.