A Deputación colaborará coa Mancomunidade do Carballiño para garantir a prestación de servizos aos concellos adheridos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 24 de setembro de 2024.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo un encontro de traballo esta mañá no Pazo Provincial co presidente da Mancomunidade do Carballiño, Fernando Rodríguez Redondo, para abordar posibles solucións á “complexa situación” que atravesa este organismo por mor do reducido número de concellos que o integran.

Neste contexto actual, o presidente provincial comprometeu o apoio da Deputación á Mancomunidade co obxectivo de garantir a prestación dos seus servizos como poden ser a atención temperá, a axuda no fogar ou o de desbroces nos concellos de Boborás, Beariz, O Irixo e San Amaro -adheridos a este organismo-, así como para potenciar a súa presenza na comarca.