As sesións de ioga e pilates obteñen unha boa resposta da veciñanza

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A área de Deportes do Concello do Carballiño mantén a programación de actividades do ‘Outono Deportivo’, abertas e gratuítas para toda a veciñanza e que se desenvolven durante as fines de semana, con sesións de ioga e pilates no pavillón polideportivo Paco Chao e andainas saudables polas parroquias do municipio. O obxectivo é a mellora do estado físico dos participantes, a eliminación do estrés e a convivencia, e este programa terá continuidade en vindeiros anos se a convocatoria ten unha axeitada resposta.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O monitor de ioga e pilates, Santi Domínguez, comentounos aspectos destas sesións, que están a ter un bó poder de convocatoria:

Este programa previsto para o outono vén a ser unha continuidade das actividades desenvoltas durante os meses do verán e que, según os responsables da área de Deportes obtivo un aceptable éxito de participación.