As corais de Oleiros, Gaia e do Casino actuarán no ‘Festival Galaico Portugués’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Auditorio Manuel María do Carballiño acollerá este vindeiro sábado, dende as 8 da tarde, o ‘Festival Galaico Portugués de Polifonía e Canto Coral’, que acada a súa 41ª edición da man da Coral Polifónica do Casino da vila. Ademais da agrupación musical anfitriona, nesta ocasión acudirán ao evento a coral Santa María de Oleiros (A Coruña) e o grupo coral da Gaia, da localidade portuguesa de Espinho. A presentación do festival tivo lugar hoxe na Casa do Concello, coa participación do concelleiro de Cultura, Diego Fernández, que estivo acompañado polo director da Coral do Casino, Jaime González Pichel, e por José Antonio Barge, directivo da entidade polifónica.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O director da coral, Jaime Pichel, desgranou a temática das pezas que cantará a Coral no festival.

José Antonio Barge encargouse de pechar o acto.

Este programa previsto para o outono vén a ser unha continuidade das actividades desenvoltas durante os meses do verán e que, según os responsables da área de Deportes obtivo un aceptable éxito de participación.