Este venres o Cine Club proxecta no Auditorio a pelicula “Siempre nos quedará mañana”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este venres día 27 de setembro chega ao Auditorio Manuel María do Carballiño unha das grandes películas da tempada, a xulgar polas críticas recibidas e o seu gran éxito de público (só en Italia a viron máis de 5 millóns de espectadores). 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Siempre nos quedará mañana, dirixida por Paola Cortellesi, que ademais é unha das protagonistas, obtivo 6 premios Donatello no seu país, e é unha singular mistura de drama, romance e comedia ambientada na Italia de posguerra que trata temas delicados con unha orixinalidade e desvergoña que a fan diferente e moi entretida.

Unha reinterpretación do neorrealismo italiano dos anos cincuenta que conta con un excelente guión e interpretacións dos seus protagonistas. Os pases será no horario habitual, ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán, e ás 22:30 en verión orixinal en italiano subtitulada en castelán