A Deputación provincial e o Concello do Carballiño, a través das concellerías de Termalismo e Turismo, organizaron mna tarde de onte unha visita á vila termal do Carballiño dirixida ás delegacións internacionais representadas en Termatalia e aos investigadores e relatores do Congreso Internacional da Auga da Universidade de Vigo, unha actividade que servíu de prólogo á inauguración, hoxe, en Expourense da 22ª edición da Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar.
O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; a deputada provincial de Política Social, Patricia Torres, e os concelleiros de Turismo e Termalismo, Manuel Dacal e Elvira Torres, participaron nesta xornada técnica que permitiu aos visitantes coñecer a única vila da provincia con dous balnearios en funcionamento. Durante a mesma, puideron percorreras instalacións dos dous balnearios do municipio, así como afondar na historia e tradición desta vila termal da man do seu alcalde. Esta visita técnica a O Carballiño permitiu promocionar o presente e o futuro termal da vila entre profesionais e expertos mundiais que traballan no ámbito do termalismo.
Unha destas expertas que participo na visita aos balnearios do Carballiño é Berta Castillo, chegada de Cancún (México), como representante da Asociación Latinoamericana de SPA:
Unha visita que deu paso, na xornada de hoxe á inauguración, no recinto feiral de Expourense, de Termatalia, que terá continuidade mañá e que convoca a expositores, maioristas de viaxes, expertos en termalismo e medios de comunicación de 25 países aos que se suman visitantes profesionais acreditados que acudirán físicamente ao evento e outros asistentes virtuais al procedentes de outros 20 países diferentes, sumando un total de 45 países representados na feira. Ao acto de inauguración asistiron o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o presidente da Deputación, Luis Menor; o conselleiro de Comercio, José González; o presidente do ICTE e de Balnearios de España, Miguel Mirones; o vicerreitor do Campus da Auga, Francisco Javier Rodríguez; o alcalde de Paipa (Colombia), Germán Ricardo Camacho; e o secretario de Turismo de Paysandú (Uruguay), José Manuel Galván, que foron presentados por Rogelio Martínez, director xerente de Expourense.
A 22ª edición de Termatalia preséntase como cita presencial e como gran punto de rencontro da comunidade termal internacional. Conta coa participación de 100 expositores (empresas representadas) de Europa, América e Asia, coa presenza directa de 25 países (Alemania, Arxentina, Bélxica, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Ecuador, España, Estados Unidos, Hungría, Israel, Italia, Lituania, México, Panamá, Polonia, Portugal, Rumanía, Serbia, Suecia, Suiza, Tailandia, Taiwán e Uruguay).
Termatalia 2024 organiza tamén o Workshop de Contratación Turística máis completo e importante ata a data e contará coa presencia de 28 touroperadores que son líderes nos mercados dos sus países tanto a nivel de turismo especializado na saúde coma no turismo en xeral.
Neste Workshop, participarón de España, netre outros, Halcón Viajes, El Corte Inglés, B Travel, Nautalia Viajes, Pangea, Centrotel, Azulmarino, Hotelbeds, Abies Travel, BRH Destination, Interrías, Inturismo, Karisma Incoming, Maxima Bienestar, Tourdiez, Toourmundial, Wellsbes y World to Meet.