A 22ª edición da Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar (Termatalia) estáse a celebrar no recinto de Expourense coa participación de entidades públicas e privadas dun total de 25 países, que acuden ao evento para impulsar o desenvolvemento e a promoción dos seus destinos termais. Deste xeito, Termatalia convírtese no mellor escaparate que refrexa un novo agromo do termalismo en Galicia, a comunidade líder en España neste sector turístico, xa que dispón de 20 balnearios que xeneran 19.000 empregos e que atraxeron a 190.000 turistas ao longo do ano pasado.
Entre os participantes nesta nova edición, José Manuel Galván, director de Turismo do Goberno departamental da rexión uruguaia de Paysandú, ofreceunos a súa visión de Termatalia como intercambio de experiencias a nivel cultural e turístico:
No recinto de Expourenea podemos atopar casetas onde se expoñen diferentes tipos de augas mineromediciñais de España e Portugal, tal e como nos comenta Lidia García.
E unha das actividades senlleiras en Termatalia é a Cata internacional de augas, que acada a súa vixésima edición e que dá a coñecer o seu contido mineral e tamén determina as preferencias a nivel de mercado, según nos conta a sumiller Mercedes González:
Asemade, un dos principais atractivos para o público que se achegou ata Expourense foi a campaña promovida pola Deputación de Ourense, na que se entregan 500 sesións nos balnearios da provincia por o prezo dun euro, e que conseguíu que o seu stand sexa un dos máis visitados na feira.