Éxito do XLI Festival Galaico Portugués de Polifonía e Canto Coral

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Auditorio Manuel María do Carballiño acolleu este sábado, dende as 8 da tarde, o ‘Festival Galaico Portugués de Polifonía e Canto Coral’, que acada a súa 41ª edición da man da Coral Polifónica do Casino da vila. Ademais da agrupación musical anfitriona, nesta ocasión acudiron ao evento a coral Santa María de Oleiros (A Coruña) e o grupo coral da Gaia, da localidade portuguesa de Santa María da Feira na zona de Aveiro

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

José Antonio Barge foi o encargado de ir presentando aos grupos:

O Grupo Coral da Casa de Gaia foi fundado en 1971, sendo a primeira actividade da asociación

Baixo a dirección artistica do Maestro Joaquim Alves Marques ofreceron o seguinte repertorio:

1- Siyahamba. Tradicional

2- Pie Jesu. Victor E Johnson

3- Para os braços da minha mãe. Pedro Abrunhosa – Arr: Rui Ferreira.

4- Guantanamera. Joseito Fernández.

5- Give Us Hope – Jim Popoulis – Arr: Francisco Nuñes.

6- O Fortuna – Carl Orff

A Coral de Santa María de Oleiros ( A Coruña ) xurde alá polo ano 1995, pola inquedanza cultural e musical dunha coralista apoiada por uns amigos.

Baixo a dirección de Luciano Lago Padín ofreceron o repertorio:

1- Color esperanza. Diego Torres.

2- Te quiero Mario. Benedetti.

3- María la Portuguesa. Carlo Cano.

4- Foliada do Chisquirrischis. Popular galega.

Pechou o acto a Coral Polifónica do Casino, que dirixida por Jaime González Pichel ofreceu o repertorio América cas seguintes pezas:

1º Andamento: Emigrante do Ribeiro.

2º Andamento: Sudamérica.

3º Andamento: Norteamérica.

Pequeno resumen da actuación das tres corales: