Programación do mes de outubro, que vai constar de catro filmes.
Continuamos con cine italiano despois do éxito de Siempre nos quedará mañana con outro dos grandes filmes desta cinematografía, La quimera, dirixido por Alice Rohrwacher, nominada á Palma de Ouro no Festival de Cannes, 13 nominacións aos premios Donatello, Espiga de plata no festival de Valladolid.
Unha película fermosísima e poética, orixinal, calificada por boa parte da crítica como sublime, e que cremos é unha das mellores películas do ano.