Bos días, escribímoslle este correo coa finalidade de informarlles dunha actividade que a empresa de turismo cultural MÁIS QUE ROMÁNICO vai a realizar no Parque Municipal do Carballiño durante a mañá deste vindeiro sábado día 5 de outubro. Trátase dunha ruta botánica a través deste extraordinario espazo verde coa cal a empresa MQR inaugura un novo proxecto de turismo cultural e científico chamado ALMORZOS BOTÁNICOS que nos conducirá por diferentes espazos verdes e naturais das vilas, cidades e concellos de Galicia para coñecelos dende as perspectivas botánica, etnográfica e científica.
A actividade deste sábado componse dun almorzo que se tomará no Restaurante A MAQUÍA situado no Parque Etnográfico do Arenteiro e logo do cal se visitará a zona etnográfica e o Parque Municipal acompañados por un guía especializado que falará da biodiversidade botánica do parque e aportará aos asistentes as claves para diferenciar e recoñecer as diferentes especies, aspectos culturais relativos a elas e consellos para a conservación. Trátase polo tanto dunha plácida xornada de coñecemento que pretende aportar unhas sinxelas chaves de interpretación da natureza as cales se irán completando ao longo do proxecto segundo se vaian visitando outros espazos verdes tanto urbanos como naturais.
Á dimensión educativo-ambiental desta actividade engádense outros obxectivos que responden ao desenvolvemento dun Turismo sostible, a unha finalidade de desestacionalización da demanda turística e a colaboración cos sectores hostaleiros das localidades visitadas. Para garantir a sustentabilidade e un mínimo impacto limítase o número de prazas sendo imprescindible a inscrición no número de teléfono/whatssap 646 533 229.
A actividade ten un custo de 15€ que inclúe almorzo, guía e seguro de accidentes.