A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Lembro moi ben a primeira vez que visitei a Casa dos Ulloa, pazo de aboengo, situado en Esposende do concello de Ribadavia. Acababa de mercala o amigo Cándido Vázquez coa finalidade de convertela nunha casa rural. Aquel pazo fora  moradía da familia dos Ulloa coa que emparentara o catedrático Álvaro das Casas, un home clave no rexurdimento do galeguismo na década dos anos trinta do século pasado. Sendo catedrático no Instituto de Noia fundara o grupo xuvenil “Ultreia”, un movemento asociativo sen precedentes na historia de Galicia. Chegou a ter inscritos máis de tres mil mozos; as mulleres eran ben poucas, por certo. Moitos deles foron cualificados militantes da causa galeguista anos despois, desepeñando postos relevantes na reconstrución da identidade galega.

Naquela visita Cándido Vázquez amosarame unha amplísima documentación que atopou arrombada nunha das dependencias do pazo.  Carteis das festas  da parroquia de Esposende editados en lingua galega, e moitos recordatorios ou obituarios, que así se lles chamaba a este tipo de publicacións, para anunciar as exequias de persoas falecidas, todas elas impresas tamén en lingua galega.

Álvaro das Casas foi tamén fundador da UCRA (Unión de Colleiteiros do Ribeiro do Avía) en xaneiro de 1936. Pouca vida tivo aquel proxecto asociativo, que foi tronzado pola sublevación militar. Pero os seus obxectivos prevaleceron, e aínda hoxe teñen vixencia. Facía moito fincapé na necesidade de recuperar as castes de viño autóctonas, o control de calidade, e, sobre todo, identificalos coa cultura galega.  Entre a morea de papeis atopada sorprendéronnos os centos de etiquetas destinadas a identificaren os envases da marca do viño que Álvaro das Casas pensaba comercializar en lingua galega.

Por volta dos anos noventa recuperamos o orixinal discurso galeguizador de Álvaro das Casas.  Constituímos unha asociación co seu nome e convocamos os premios “Bacelos de Prata” para  premiar aos adegueiros que etiquetan as botellas en lingua galega. Os premios ampliámolos a outros produtos agroalimentarios que fan o mesmo.

Este ano o xurado concedeullelos a dúas marcas comerciais ben coñecidas: unha de viños e outra de produtos lácteos.

A Adega Pazo Lalón, que está  situada na localidade de Barro de Gomariz, no veciño concello de Leiro. Elaboradores de viños desde o ano 1992, botando man da máxima tecnoloxía, pero sendo fieis a unha maneira tradicional de facelos. Cómpre dicir que pola súa calidade  foron distinguidos con premios ben reputados no sector vinícola.

Kalekói, constituída en 2014 no concello de Rodeiro (Pontevedra), elabora  iogures naturais con froitas de tempada, e leite envasado  procedente das vacas que pacen na propia explotación agrícola de 42 hectáreas de extensión. A marca converteuse nun produto de referencia nos máis recoñecidos centros de distibución de produtos de alimentación.

Estas dúas marcas comerciais son a expresión do éxito empresarial baseado na excelencia das súas ofertas comerciais, que decidiron, ademais, aliarse estratexicamente co idioma galego como un elemento diferenciador, e reforzar así a autenticidade da oríxe xeográfica onde se elaboran. Un amplísimo sector do consusmidores ávidos da galeguización da economía  prefiren   estes produtos por esa peculiar característica.

O próximo sábado, día 5, ás 12:00 horas, as portas da adega da Casa dos Ulloa estarán abertas para recibir a todas as persoas  que miran con simpatía este proceso galeguizador da economía galega. A cantora María do Ceo animará o acto coas súas celmosas melodías.

* Presidente do Foro E. Peinador.


Outros ártigos de Xosé González

Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”

A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”

A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”

A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “

A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “

A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”

A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “

A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”

A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”

A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”

A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”

A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”

A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”

Xosé González: “Os montes veciñais en man común “

Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”

Na Limia en Galego, Agora e Sempre

A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”

A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”

A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”

A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”

A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”

NO DÍA DA PATRIA GALEGA

A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”

A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”

A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “

A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”